Xornadas, cursos, podcast. redes sociais... un pouco de todo  ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌

Se non podes visualizar ben esta newsletter fai click aquí

 
 

 

QUE HISTORIAS CONTAMOS HOXE?

 

 
274701039_1080321555859667_3240913032927432205_n
 

Volver con sentido: facer barrio tamén é cooperar

Coa volta das vacacións, en Abeluria recuperamos o ritmo con ganas renovadas e moitas ideas por compartir. Este setembro seguimos a traballar na mellora e posta a punta da nosa sede no barrio de Conxo, un espazo desde o que queremos seguir facendo o noso traballo con propósito, pero tamén crear vínculo co que nos rodea.

Por iso, este ano sumámonos como patrocinadoras ás Festas de San Serapio, apoiando ao tecido veciñal na festas do barrio. Porque facer cooperativismo tamén é estar, contribuír e sumar desde o pequeno, desde o próximo, desde o día a día.

Facer barrio é crear comunidade, e diso sabemos un pouco. Volvemos coa intención clara de seguir tecendo redes, tamén a pé de rúa.

 

 
 

Vídeo do ano Internacional das Cooperativas 2025


O Consello Galego de Cooperativas da Xunta de Galicia elaborou un vídeo que conmemora a declaración do ano 2025 como Ano Internacional das Cooperativas por parte da Asemblea Xeral das Nacións Unidas. 

 

 
 

Cegasal logra con un proxecto a inclusión laboral de catro persoas con trastorno mental


Cegasal (Asociación Galega de Centros Especiais de Emprego sen Ánimo de Lucro) acaba de pechar a segunda edición de Capacitadamente, unha iniciativa que ao longo dos últimos meses formou a dez persoas con trastorno mental. Tiveron ocasión de participar en cursos de xardinería, monitorado de lecer e habilidades básicas para o emprego. Ao rematar, varias delas teñen un contrato laboral e outras están a piques de iniciar prácticas profesionais en empresas e entidades sociais.

 

 

Facilitar a transformación dixital de cooperativas e entidades de economía social

Como? A través do Programa Generación Digital Pymes: Cooperativas e Economía Social, que comezará en novembro e terá unha duración de tres meses. O programa combina formación presencial en Santiago de Compostela con contidos en liña, ten unha duración de 146 horas e é completamente gratuíta.

 
 
 

Programa de emprego con apoio

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración publica as bases reguladoras Programa de emprego con apoio 2025. O prazo de presentación de solicitudes finalizará o 30 de setembro

 
 
 

Participación na Feira Culturgal 225

Feira das Culturgal celebraráse do 28 ao 30 de novembro no Pazo da Cultura de Pontevedra. O segundo prazo para solicitar a participación é do 1 ao 15 de setembro, cun incremento dos prezos do 25%.

 
 
 

 
 

Saca tempo para coñecer ás persoas que fan posible a economía social


#esSocial leva meses conversando con persoas que fan da economía social unha realidade viva, diversa e transformadora. Desde cooperativas até administracións, pasando por entidades financeiras éticas, produtoras culturais ou proxectos rurais que apostan por outro xeito de traballar e vivir.

 Entra na canle de YouTube e dálle ao play para escoitar entrevistas con:

– Xosé Lois Lamazares, de Daveiga

– Pablo Fernández, da Xunta de Galicia

– Luis Esteban Rubio, de Ecooo

– Iria Dios, de FAEDEI

– Laura Seoane, de La Tropa Produce

– Aleksei Nogueira, de Fiare Banca Ética

– Víctor Meseguer, de Abacus

Historias con acento propio, con compromiso e con moito que contar. Se che interesa o cooperativismo, a innovación social ou como a economía pode poñerse ao servizo das persoas… este é o teu espazo

 

 

+ Actualidade

 
pexels-photo-168866

Emprender con Impacto: Núcleos de Colaboración social en Novas Tecnoloxías



 
pexels-photo-12211

Curso Comunicación para organizaciones



 
pexels-photo-12211

Murcia acollerá a Social Economy European Summit



 

 

 
 
 

Se desexas darte de baixa deste boletín fai click na seguinte ligazón: Baixa

- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - -