Mañá, xoves 5 de novembro, ás 23:59 horas, remata o prazo para inscribirse naXornada sobre o Dano Cerebral Adquirido. Quedan poucas prazas, preme aquí para non perder a túa! A Xornada vai estar dedicada á 'Accesibilidade universal' e vai ter lugar o sábado 7 de novembro en Santiago de Compostela, no Edificio Cersia (Rúa Alcalde Raimundo López Pol, s/n - San Lázaro)O horario irá desde as 9 da mañá ata as 6 da tarde, ofrecendo un café e o xantar ás persoas asistentes. Vai ser o marco no que a presidenta da Fundación Breogán, Nuria Varela-Portas de Orduña, recolla o 14º Premio Dano Cerebral Galicia - Miguel Blanco.
O tecido asociativo chamou a compartir imaxes en redes co aceno da man na cabeza ou coa nosa neurona.
AS NOSAS ASOCIACIÓNS
Dano Cerebral A Coruña
Xornada de actividades para achegar a cidadanía á realidade das persoas con dano cerebral e as súas familias: crónica fotográfica do Día do Dano Cerebral no boletín de Dano Cerebral A Coruña.
Achegando o dano cerebral adquirido aos concellos de Baleira e Guitiriz. Dano Cerebral Lugo levou o seu programa de sensibilización á contorna, contando coa presenza de Antonio, usuario da entidade.
Dano Cerebral Santiago de Compostela
Dano Cerebral Santiago de Compostela conmemorou o Día do Dano Cerebral lembrando a necesidade de ter un compromiso e unha resposta real para todas as vidas que continúan tras unha lesión cerebral.
DCA Ourense
Autoescola Dano Cerebral: aprendendo a manexar a cadeira de rodas eléctrica. DCA Ourense adestra cunha persoa que recibiu o dispositivo a través do noso Servizo de Asesoramento e Préstamo de Produtos de Apoio.
As persoas maiores serán as destinatarias do programa que desenvolveremos con Afundación, a Obra Social de Abanca, nos seus Espazos +60 durante o mes de novembro, e que deu comezo no Día do Ictus. Inclúe sesións informativas e 'Recunchos cerebrosaudables' ao longo de todo o mes de novembro. Consulta datas e localidades na nosa web.
Un xogo, ‘Atopa as 7 diferenzas’, e un lema, ‘Non se pode previr o que non se coñece’, ocupan desde o 19 de outubro, e ata o vindeiro 15 de novembro, os principais trens das liñas galegas de Renfe, grazas á alianza selada entre a compañía de transportes e Dano Cerebral Galicia para reforzar o coñecemento social sobre o dano cerebral e contribuír á súa prevención.
Dano Cerebral Galicia
Rúa Galeras, 17, 2º, oficina 5 - 15705 Santiago de Compostela