Se non podes ver ben este boletín, preme aquí
|
|
|
Día do Dano Cerebral Adquirido 2025 | Boletín extra! |
|
|
Subtitulada 'Dano cerebral adquirido, onde as cousas perdidas volven estar ben', contén imaxes de Fuco Reyes e das persoas participantes no Laboratorio Artístico e Creativo do Dano Cerebral Adquirido. Xuntas, a través da fotografía reflexionan sobre o dó, sobre o cambio e sobre a readaptación que implicou a chegada da discapacidade ás súas vidas. Dano Cerebral Galicia leva ao Museo Gaiás, na Cidade da Cultura, esta colección de imaxes, que se vai inaugurar o 22 de outubro ás once da mañá, e que se poderá ver ata o 8 de decembro no andar 0.
|
|
Dano Cerebral Galicia leva meses colaborando coa Asociación Galega de Enfermería Familiar e Comunitaria (AGEFEC) na elaboración do folleto 'Cóidate. Desmontando mitos para a prevención do ictus', e a 'Axenda da prevención do ictus'. Ambos materiais vanse presentar na Xornada, que terá lugar na tarde do 29 de outubro, Día Mundial do Ictus, na Consellería de Sanidade, o mesmo organismo que concedeu á Xornada o recoñecemento de Interese Sanitario. A inscrición está aberta ata o 27 de outubro ás 12:00, é de balde, e tramítase cubrindo este formulario.
|
|
|
Dano Cerebral A Coruña ADACECO |
|
|
26 de outubro. Día do Dano Cerebral e 25 Aniversario de Dano Cerebral A Coruña. Praza de María Pita. -
10:00. Benvida e apertura.
- 10:30. Actividades deportivas (tenis adaptado, boccia, esgrima adaptada, vehículos adaptados Enki) e de sensibilización 'Ponte no meu lugar', zona de astronomía e divulgación científica, stands informativos.
- 12:00. Acto institucional e lectura do manifesto.
-
12:30. Música e baile.
- 13:30. Clausura.
- 20:00. Alumeado en azul de edificios e monumentos da Coruña, Oleiros, Cambre e Culleredo.
31 de outubro. 20:45. Partido de liga Básquet Coruña - Fuenlabrada dedicado a Dano Cerebral A Coruña. |
|
|
21 de outubro. Obradoiro no IES Trapero Pardo de Castro Ribeiras de Lea. 24 de outubro. Mesa informativa no HULA.
25 de outubro. Torneo de boccia entre familias da asociación.
26 de outubro. 12:00. Lectura do manifesto (Casa do Concello de Lugo). Retos en redes sociais todos os días! |
|
|
21 de outubro. Visitas e formación.
- 10:00. Visita de Avelaíña (actividades: performance, boccia, petanca, cerámica).
- 10:00. Programa de arte: performance (dirixido por Tello).
-
10:00. Escola Dano Cerebral: Mellora da autonomía (dirixida a familias).
23 de outubro. Visitas e formación.
24 de outubro. 10:00 a 13:00. Onda Cero en directo desde Alento. 28 de outubro. 10:00. Escola Dano Cerebral: Mellora da autonomía (dirixida a familias). 29 de outubro. 10:00. Mesa informativa no hospital Álvaro Cunqueiro. -
10:00. Visita das nenas e nenos do Colexio Divino Salvador (actividades: coiro, boccia, artístico e merenda no xardín).
- 17:00. Escola Dano Cerebral: Mellora da autonomía (dirixida a familias).
|
|
|
26 de outubro. 12:00. Lectura online do manifesto por parte das persoas usuarias da asociación. 28 de outubro. Magosto dos ourizos: - Pola mañá. Obradoiros, xogos e cantigas de Cantos do Ourizo.
- 14:00. Xantar e festa.
|
|
|
Dano Cerebral Santiago de Compostela |
|
|
26 de outubro. Encontro coas familias e lectura do manifesto: - 10:45: Encontro no Hotel Oca Puerta del Camino.
-
11:00: Actuación do Grupo de Pandereiteiras Rosalía de Castro de Cacheiras.
- 12:00: Lectura do manifesto.
- 12:30: Aperitivo e tempo de compartir.
29 de outubro. Mesas informativas polo Día Mundial do Ictus: - 10:30 a 13:00. Hospital Clínico Universitario de Santiago.
- 10:30 a 13:00. Hospital Barbanza.
-
10:00 a 13:00. Centro de Saúde de A Estrada.
- 10:00 a 13:00. Centro de Saúde de Lalín.
- 10:00 a 13:00. Centro de Saúde de Arzúa.
- 10:00 a 13:00. Centro de Saúde de Mazaricos.
-
10:00 a 13:00. Centro de Saúde de Rianxo.
|
|
|
Charlas nos Espazos +60 de Afundación
Pensando especialmente na poboación maior de 65 anos, organizamos, desde o 21 de outubro, un ciclo de charlas nos Espazos +60 de Afundación das cidades de Ourense, Ferrol, Betanzos, Lugo, Pontevedra, Viveiro, Pontedeume, Monforte, Santiago e Vigo. |
|
Día do Dano Cerebral 2025
Cada 26 de outubro celébrase o Día Nacional do Dano Cerebral Adquirido, unha conmemoración decretada en 2007 polo Consello de Ministros co obxectivo de mobilizar á sociedade e de implicala na prevención da nosa discapacidade. |
|
|
Dano Cerebral Galicia
Rúa Galeras, 17, 2º, oficina 5 - 15705 Santiago de Compostela 881 943 148 • 659 177 709 |
|
|
|