Se non podes ver ben este boletín, preme aquí
|
|
|
|
Actualidade do Dano Cerebral Adquirido en Galicia [nº203] |
|
|
A colección de fotografías elaborada por Fuco Reyes e polas persoas participantes no Laboratorio Artístico e Creativo do Dano Cerebral Adquirido chega hoxe a Lugo, a O Vello Cárcere. Poderá verse ata o xoves 30 de xullo. Mañá organizamos unha inauguración moi especial, na que tamén se vai presentar o libro que comparte título coa exposición e que constitúe un catálogo ampliado, coa colección completa de retratos do proxecto. O acto de inauguración é mañá, xoves 4 de xuño, a partir das 18:00. Estades todas e todos convidados!
|
|
|
|
Inscrición aberta, a prezo reducido ata o 30 de xuño, na 3ª Travesía a Nado Polo Dano Cerebral A proba terá lugar o 11 de xullo na Praia do Preguntoiro (Vilaxoán, Vilagarcía de Arousa) e dá opción de nadar unha ou media milla.
Cando a atención precisa cambiar: o reto do dano cerebral adquirido nas residencias
Nova colaboración con Consumer por Leticia Vila, directora de Dano Cerebral Galicia, e Teresa Pérez, logopeda de Doral Residencias.
Entrevista no programa EnWorking, de Cuac FM e UDC Saudable, dispoñible en podcast
Falaron Leticia Vila, directora de Dano Cerebral Galicia; Sara Tizón, logopeda de Dano Cerebral A Coruña; Juan Blanco, usuario de Dano Cerebral A Coruña; e Isabel Marina Fidalgo, familiar de Juan.
Reportaxe sobre as nosas iniciativas de vida independente que apoia a Fundación "la Caixa"
A entidade apoia un proxecto de promoción da autonomía persoal para a inclusión social do colectivo do dano cerebral adquirido que se fixo un oco en La Voz de Galicia. |
|
|
|
Dano Cerebral A Coruña ADACECO |
|
|
O boletín de Dano Cerebral A Coruña está cheo de actividades ás que asistiron nos últimos días, entre elas unha moi especial: a charla do biólogo Ángel Lorenzo, usuario da entidade que tivo un ictus, sobre educación ambiental. |
|
|
Rompendo barreiras comunicativas en persoas con dano cerebral, primeira acción formativa da EscolaDCA Virtual de Alento. Pode consultarse online nesta ligazón. |
|
|
Cooperación e traballo en equipo na asociación de dano cerebral de Ourense a través do xogo. 'Misión cumplida': cartas para reforzar a memoria do traballo, a planificación de tarefas ou a toma de decisións. |
|
|
Curso de 'Apoio no fogar' en Melide
Actividade formativa presencial e gratuíta que conta coa colaboración da Asociación de Mulleres Rurais Alecrín, de Melide. Ten unha duración de dez horas que se van repartir en tres sesións: 16 e 17 de xuño, en horario de 16:30 a 19:30, e 18 á mesma hora pero ata as 20:30. A inscrición pode realizarse a través deste formulario. Tamén é posible facelo chamando ao 699 120 465.
|
|
| |
|
Dano Cerebral Galicia
Rúa Galeras, 17, 2º, oficina 5 - 15705 Santiago de Compostela 881 943 148 • 659 177 709 |
|
|
|
|