FEGADACE organizou, o día 26 de outubro, un accto de lectura do manifesto do Día do Dano Cerebral coa Valedora do Pobo. Un grupo de persoas usuarias de ADACECO, ADACE Lugo, Alento, DCA Ourense e Sarela, xunto co presidente de FEGADACE, reivindicou a accesibilidade cognitiva como garantía do pleno exercicio dos seus dereitos nun acto na compaña da Valedora do Pobo. A semana anterior, o pleno do Parlamento de Galicia aprobara unha Declaración institucional apoiando as demandas do movemento asociativo.
O boletín de outubro de ADACECO recolle a información máis importante da conmemoración coruñesa do Día do Dano Cerebral: xornada, breakfast solidario, manifesto e unha colaboración especial co Deportivo.
ADACE Lugo
Ciclo de encontros virtuais e presenciais das persoas con dano cerebral de Lugo: ADACE Lugo conmemorou o 26 de outubro con esta actividade, a lectura do manifesto e unha exposición fotográfica.
Alento
Un grupo de persoas usuarias de Alento participaron na VI Xuntanza de Discapaciquad, achegándose ao mundo do motor adaptado xunto ás súas veciñas e veciños de APAMP Vigo e do barrio de Navia.
DCA Ourense
A asociación DCA Ourense pon en marcha un 'Grupo de benestar físico'. As persoas con dano cerebral traballan capacidades como forza, coordinación, equilibrio ou flexibilidade.
Sarela
Nace A Nosa Lareira, un espazo web para as persoas coidadoras de Sarela. Inclúe recursos e ferramentas para o día a día, relacionarse e compartir tempo, coñecementos e experiencias.
FEGADACE participa nas Xornadas de Promoción da Saúde da Laracha. A traballadora social vai impartir unha charla sobre o dano cerebral o mércores 16 de novembro ás 19:30. Ademais, a mostra 'Punto e seguido' pode verse aquí: PeopleArt Factory.
Trala conmemoración do Día do Dano Cerebral, as necesidades das persoas e familias con esta discapacidade continúan en proceso; o seu resumo está nesta sección: estratexia de atención, código diagnóstico, censo ou coordinación sociosanitaria.
Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)
Rúa Galeras, 17, 2º, Despacho 5 - 15705 Santiago de Compostela