Perante as eleccións ao Parlamento de Galicia que se celebrarán o vindeiro 18 de febreiro, a Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) fai público un documento coas principais reivindicacións do movemento asociativo de cara á vindeira lexislatura. As demandas, que están a ser presentadas nunha rolda de reunións coas principais candidaturas políticas, parten da
necesidade de situar ao dano cerebral adquirido no centro das políticas públicas sobre discapacidade. Un status que a Federación considera acorde á súa presenza social en Galicia, onde viven máis de 40.000 persoas con DCA, e ás estimacións de crecemento da súa incidencia e prevalencia nos próximos anos. |