Se non podes ver ben este boletín, preme aquí

 

Actualidade do Dano Cerebral Adquirido en Galicia [nº181] 

 

Mércores, 07/08/2024

Cen nadadores e nadadoras participaron na

2ª Travesía a Nado Polo Dano Cerebral

Ás 17:00 horas do sábado 6 de xullo entraron no mar na Praia do Preguntoiro (Vilaxoán, Vilagarcía de Arousa) as 100 deportistas que participaron na 2ª Travesía a Nado Polo Dano Cerebral. Unha proba deportiva inclusiva, na que participaron nadadores e nadadoras con e sen dano cerebral adquirido e acompañantes de apoio das deportistas con discapacidade. Os e as 15 deportistas con dano cerebral adquirido levan desde setembro adestrando, primeiro en piscina e despois en augas abertas, co apoio dos membros deArousaman – Arousawoman, en técnicas de respiración, flotación e natación adaptada ás secuelas que presenta cada unha das participantes.

 

A Federación e AGEFEC acordan intercambiar coñecementos a través de accións conxuntas

Ambas entidades asinarán un convenio centrado no eido formativo e na mellora da calidade asistencial.

 

A accesibilidade cognitiva centra o novo artigo publicado en Eroski Consumer

Propón medidas de sinalización, organización ou adaptación de bens e espazos para garantir este dereito.

 

Dano Cerebral Galicia triplica o valor de cada euro do seu orzamento que mobiliza

É unha das principais conclusións do estudo de monetización do valor social do exercicio 2022.

 

O Grupo Tragsa apoia a Dano Cerebral Galicia nun proxecto para levar coidados ao rural

Búscase a permanencia das persoas e familias con dano cerebral en contornas afastadas de áreas urbanas.

 

Aitor de Luis continúa a tempada de natación en augas abertas #PoloDanoCerebral

O deportista repite patrocinio levando a bandeira do dano cerebral ao seu calendario de verán.

 

AS NOSAS ASOCIACIÓNS

 

ADACECO

O boletín de xullo recolle proxectos de innovación, accións de incidencia, e un amplo repaso pola Memoria de Actividades 2023 da asociación coruñesa. Subscríbete!

ADACE Lugo

En ADACE Lugo puxeron en marcha unha horta que, próxima á entidade, permítelles traballar ao aire libre nun proxecto que combina planificación, atención, actividade física e goce do lecer, así como promoción da inclusión.

Alento

A colaboración radiofónica de Alento co programa 'Más de uno' de Onda Cero, que ten por título 'Punto e seguido', pode consultarse completa na canle da asociación en Youtube.

DCA Ourense

DCA Ourense promove un grupo de teatro que se chama Vitamina-T que pasou todo o curso a ensaiar a obra 'Onde imos?', estreada hai poucas semanas na súa cidade.

Sarela

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destaca na súa visita a Sarela a importancia de desenvolver o Proceso Asistencial Integrado do Dano Cerebral Adquirido.

 

AXENDA

Novas edicións dos cursos de 'Alimentación', 'Apoio no fogar' e 'Sexualidade'

 

A Escola Dano Cerebral de Dano Cerebral Galicia anunciou catro novas edicións das súas formacións de 'Alimentacion, deglutición e nutrición', 'Apoio no fogar' e 'Sexualidade e dano cerebral adquirido'. Tres delas comezan en setembro e dúas teñen a inscrición aberta.

DESTACAMOS

'Escola Dano Cerebral Galicia': a plataforma de teleformación de Dano Cerebral Galicia

 

A oferta formativa online de Dano Cerebral Galicia desenvólvese na súa totalidade a través da 'Escola Dano Cerebral'. Desde aí, e co contrasinal que se envía ás persoas inscritas nos cursos, cada persoa en formación pode seguir ao seu ritmo o temario correspondente.

Dano Cerebral Galicia

Rúa Galeras, 17, 2º, oficina 5 - 15705 Santiago de Compostela

881 943 148 • 659 177 709

Darme de baja