Se non podes ver ben este boletín, preme aquí

 

Actualidade do Dano Cerebral Adquirido en Galicia [nº182] 

 

Luns, 09/09/2024

Dano Cerebral Galicia renova a súa dirección e

o organigrama do seu equipo técnico

A Federación inicia un novo ciclo trala renovación da estrutura organizativa do equipo técnico. Desde o mes de agosto, Leticia Vila Posada, até entón técnica de formación e responsable de calidade da Federación, exerce as funcións de directora. A mudanza prodúcese trala decisión de Begoña Hermida Val, quen dirixiu a entidade coa máxima implicación, rigor e profesionalidade desde 2018, de deixar o posto para iniciar unha nova etapa profesional. Ademais, Carla Miranda Iglesias asume o novo cargo de responsable de proxectos e Adolfo M. González Rodríguez engade as súas competencias a xestión do capital humano da entidade como responsable da área de xestión económica, administración e recursos humanos.

Preséntase en Galicia un estudo sobre a atención asistencial e o impacto das secuelas do ictus

Impulsado por Daño Cerebral Estatal e Ipsen, analiza o recorrido asistencial e a atención sociosanitaria.

 

Ciclo de sesións informativas sobre ocio inclusivo e accesible para profesionais da cultura

Serán na Coruña, Lugo, Ourense, Santiago e Vigo e enmárcanse nunha campaña do Proxecto Rumbo.

 

Dano Cerebral Galicia participa na xornada de benvida ao alumnado da Universidade da Coruña

Instalará un posto informativo para dar a coñecer o dano cerebral e as liñas de traballo da Federación.

 

AS NOSAS ASOCIACIÓNS

 

ADACECO

O centro de día das Xubias acolleu varias sesións de ioga adaptado durante o mes de xullo. A actividade centrouse en estimular o benestar físico e emocional das participantes a través dun enfoque terapéutico nun espazo seguro.

ADACE Lugo

ADACE abre as inscricións para participar nun taller de memoria para persoas con dano cerebral adquirido. As sesións estarán dirixidas pola neuropsicóloga da entidade e celebraranse todos os luns a partir do 16 de setembro.

Alento

O equipo profesional de Alento participou en dúas xornadas formativas enmarcadas no Plan de Igualdade. Unha sesión centrouse en técnicas de manexo de estrés e a outra na corresponsabilidade e a prevención de acoso.

DCA Ourense

A asociación ourensá desenvolve actividades lúdicas e terapéuticas, impulsadas polas áreas de logopedia, terapia ocupacional e neuropsicoloxía, como as 'Olimpíadas DCA 2024', nas que participaron usuarias do centro de día.

Sarela

O Concello de Santiago aprobou a cesión dunha parcela, anexa á sede da asociación no barrio do Castiñeiriño, para a ampliación e mellora das instalacións mediante a construción dun novo edificio e a incorporación de novos servizos.

 

AXENDA

Aberta a inscrición dunha nova edición do curso 'Alimentación, Deglutición e Nutrición'

 

Esta formación virtual, de 50 horas de duración, terá lugar do 30 de setembro ao 31 de outubro e está dirixida a familias, profesionais sociosanitarias e público xeral con interese en adquirir coñecementos especializados nesta materia. 

DESTACAMOS

Visualiza o resumo audiovisual da

2ª Travesía a Nado Polo Dano Cerebral

 

Persoas implicadas na celabración desta xornada, organizada en colaboración coa Fundación de Deportes do Concello de Vilagarcía de Arousa e a asociación Arousaman - Arousawoman, comparten os seus obxectivos, experiencias e sensacións a pé de praia.

Dano Cerebral Galicia

Rúa Galeras, 17, 2º, oficina 5 - 15705 Santiago de Compostela

881 943 148 • 659 177 709

Darme de baja