Se non podes ver ben este boletín, fai click aquí

 

Actualidade do Dano Cerebral Adquirido en Galicia [nº168] 

 

Luns, 07/08/2023

FEGADACE desenvolve actividades formativas e informativas na Limia

A Federación Galega de Dano Cerebral está a realizar unha intensa actividade na Limia no marco do 'Proxecto Rumbo: cara a un Modelo un Autonomía Persoal Conectada e Inclusiva', e do convenio de colaboración asinado co Centro de Desenvolvemento Rural (CDR) de O Viso, asociación de utilidade pública centrada na dinamización comunitaria e o desenvolvemento integral do rural desta comarca ourensá.

 

As accións, dirixidas a diferentes perfís de públlico, inclúen tanto sesións de sensibilización e formación no ámbito da promoción da saúde para a prevención do DCA como a colaboración e coparticipación na prestación de servizos sociosanitarios de proximidade a persoas con dano cerebral e as súas familias.

 

Máis noticias:

FEGADACE avanza na implantación do seu Plan de Transformación Dixital

O proceso, iniciado en xuño de 2022, contou co asesoramento da Fundación Esplai.

 

Entran en vigor as medidas de mellora nas prestacións e servizos para a dependencia

A norma aprobada polo Goberno incrementa as axudas económicas e fixa unha contía mínima.

 

A sexualidade das persoas con DCA centra o novo artigo na revista Eroski Consumer

O texto aborda un dos aspectos máis esquecidos nos modelos de apoio, atención e intervención ao colectivo.

 

FEGADACE apoia a campaña 'Casilla Empresa Solidaria' do Imposto de Sociedades

A medida, gratuíta e voluntaria para as compañías, recadou 43 millóns de euros para fins sociais en 2022.

 

AS NOSAS ASOCIACIÓNS

A

ADACECO

O boletín informativo de xullo de ADACECO recolle as actividades máis significativas da entidade durante o último mes. O ocio e o tempo libre, a formación e a terapia ocupacional creativa e solidaria son as protagonistas.

ADACE Lugo

ADACE Lugo lembra a participación no Arde Lucus, unha actividade de ocio para a que as persoas usuarias se caracterizaron e na que aprenderon sobre cultura romana e castrexa. Accede á galería de fotografías da xornada.

Alento

As persoas participantes no obradoiro de fotografía presentan o proxecto final, baseado na técnica da cianotipia. Esta actividade de ocio inclusivo enmárcase no modelo de calidade de vida desenvolto pola asociación viguesa.

DCA Ourense

DCA Ourense desenvolve un grupo de lectura semanal. A actividade, dirixida por unha logopeda da entidade, iniciou en marzo co obxectivo de favorecer a estimulación cognitiva e fomentar as relacións interpersoais.

Sarela

Sarela e o Concello de Santiago asinan un convenio para a actividade terapéutica acuática de persoas usuarias de SADT. O programa procura fomentar un maior grao de autonomía e independencia das participantes.

 

EN AXENDA

Punto informativo no Hospital do Salnés

 

O primeiro xoves e o terceiro mércores de mes, FEGADACE atende consultas, en horario de 12 a 14h, no Espazo Asociativo do centro hospitalario provincial do Salnés. Neste punto, pódese solicitar información, orientación e asesoramento especializado sobre aspectos sociais, sanitarios, legais ou de calquera outro tipo que afecten a persoas con dano cerebral adquirido e as súas familias. Tralas vacacións de agosto, o servizo retómase o 7 de setembro.

SECCIÓN DESTACADA

Preto de 300 participantes nas actividades en Lalín

 

O dano cerebral adquirido interesa e mobiliza. Así o constatan as preto de 300 persoas que se involucraron nas diferentes accións de sensibilización, información e formación sobre a discapacidade organizadas por FEGADACE en colaboración co Concello de Lalín. A gran acollida do ciclo de actividades "Coñecendo o DCA", desenvolto entre o 26 de xuño e o 10 de xullo en diferentes espazos da localidade, foi recolllido polo Faro de Vigo nunha noticia que podes ler premendo aquí.

Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)

Rúa Galeras, 17, 2º, Despacho 5 - 15705 Santiago de Compostela

881 943 148 • 659 177 709

Darme de baja