Se non podes ver ben este boletín, preme aquí

 

Actualidade do Dano Cerebral Adquirido en Galicia [nº183] 

 

Mércores, 02/10/2024

A Asemblea Xeral de Dano Cerebral Galicia aproba o
Plan Estratéxico para o período 2025-2028

Dano Cerebral Galicia celebrou o sábado 21 de setembro na Coruña súa Asemblea Xeral Extraordinaria coa renovación da Xunta Directiva como principal asunto da orde do día. Luciano Fernández foi reelixido como presidente, e Manuela Candal incorporouse á vogalía substituíndo a Luísa Ramínez en representación de ADACECO.
Ademais, durante a Asemblea aprobouse o Plan Estratéxico 2025-2028 de Dano Cerebral Galicia, que se fará público proximamente. O documento formulouse coa intención de reorientar os obxectivos operativos e accións, desde un enfoque continuista, ás necesidades e expectativas do próximos catro anos.

 

A Valedora do Pobo visita Vigo e reúnese co Grupo de Autoxestores/as de Alento

A alta comisionada quixo coñecer mellor as asociacións de dano cerebral e proximamente recibirá a visita da Rede de Cidadanía Activa.

 

A asistencia persoal protagoniza a nova colaboración en Eroski Consumer

O texto expón os obxectivos e resultados dun proxecto piloto para a implantación deste servizo desde a Federación.

 

Presentado en Galicia un estudo sobre a atención asistencial e o impacto das secuelas do ictus

Impulsada por Daño Cerebral Estatal e IPSEN Pharma, a investigación analiza a situación do recorrido asistencial e a atención sociosanitaria.

 

Dano Cerebral Galicia participa na xornada de benvida ao alumnado da Universidade da Coruña

Instalouse un posto informativo no campus de Ferrol para dar a coñecer o dano cerebral e as liñas de traballo do movemento asociativo.

 

AS NOSAS ASOCIACIÓNS

 

ADACECO

ADACECO participou nas xornadas de benvida ao estudantado que organiza a Universidade da Coruña. O día 19 de setembro a entidade coruñesa amosou os recursos e servizos aos novos e novas estudantes.

ADACE Lugo

ADACE Lugo colaborou con Dano Cerebral Galicia na sesión sobre ocio inclusivo e accesible que tivo lugar o 24 de setembro. A directora da entidade, Iria Abel, presentou os seus servizos aos axentes culturais que asistiron á cita.

Alento

Alento avaliou a accesibilidade cognitiva dos seus centros de atención -de día terapéutico e residencial- coa colaboración de Daño Cerebral Estatal e AFANIAS no marco do Proxecto Rumbo.

DCA Ourense

DCA Ourense salienta o labor da terapia ocupacional nunha das actividades básicas da vida diaria máis demandadas polas súas persoas usuarias: poder ir ao baño de xeito autónomo.

Sarela | Dano Cerebral Santiago de Compostela

Sarela cambia o seu nome e imaxe por 'Dano Cerebral Santiago de Compostela'. A mesma asociación de familias que viu a luz no ano 2000, mantendo viva misión e valores, cunha nova marca.

 

AXENDA

Cinefórum con Afundación

 

Dano Cerebral Galicia organiza 11 sesións de Cinefórum noutras tantas sedes de Afundación, dirixidas a maiores de 50 anos, nas que se vai proxectar o filme 'Fálame de ti'. A cinta está protagonizada por unha persoa que tivo un ictus, e ao final da sesión realizarase unha pequena charla sobre os seus síntomas de alarma e prevención. O aforo é limitado e existe un formulario de inscrición online e a posibilidade de chamar ao 881 943 148.

DESTACAMOS

Ocio inclusivo

 

O apartado amosa todas as accións destinadas á inclusión das persoas con dano cerebral en actividades culturais, recreativas e deportivas. Precisamente co obxectivo de impulsar o deseño e organización de actividades e servizos accesibles e inclusivos, Dano Cerebral Galicia organiza un ciclo de sesións informativas dirixidas a axentes públicos e privados con competencias nos equipamentos culturais e de ocio.

Dano Cerebral Galicia

Rúa Galeras, 17, 2º, oficina 5 - 15705 Santiago de Compostela

881 943 148 • 659 177 709

Darme de baja