Se non podes ver ben este boletín, fai click aquí

 

Actualidade do Dano Cerebral Adquirido en Galicia [nº166] 

 

Mércores, 07/06/2023

Aberta a inscrición na II Carreira e Andaina Solidaria Camiñando #PoloDanoCerebral

A Carreira e Andaina Solidaria ‘Camiñando Polo Dano Cerebral’ volve en 2023 para dar continuidade ao labor que realiza a Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) para a promoción duns hábitos de vida saudables -que pasan necesariamente por evitar o sedentarismo-, promovendo a organización de actividades deportivas para todas as idades. Vai ter lugar en Lalín o domingo 2 de xullo e está aberta, en Carreiras Galegas, a categorías absoluta (10 km e 5 km; 7 km no caso da andaina) e escolares.


A iniciativa enmárcase no ciclo de actividades de sensibilización 'Coñecendo o dano cerebral adquirido en Lalín', que inclúe unha exposición, obradoiros, cinema...

 

Máis noticias:

Estudo sobre a Atención ao Dano Cerebral Adquirido en Recursos Residenciais Galegos

FEGADACE inicia un estudo sobre a atencióna persoas con DCA en centros residenciais non especializados. 

 

Profesionais de FEGADACE e as asociacións de dano cerebral formáronse nos ODS

O encontro reflexionou sobre como se aliña o noso labor cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.

 

A Asistencia Persoal, chave para a autodeterminación das persoas con DCA
Unha nova publicación de FEGADACE en Consumer describe a especificidade deste servizo en dano cerebral.

 

Formación en Dano Cerebral Adquirido para a Comunidade Universitaria da UDC
Primeiras accións no marco do convenio de colaboración asinado o mes pasado con UDC Saudable.

 

Os medios fanse eco do proxecto Saúde Oral, Garantía de Benestar das persoas con DCA
La Opinión A Coruña dedicou unha páxina ao proxecto galardoado nos Premios de Innovación en Saúde da ACIS.

 

Novas medidas para facilitar a xubilación anticipada co 45% de discapacidade
FEDACE saúda a actualización normativa pero reitera a necesidade de que mencione expresamente o ictus.

 

Acordo do Consello Territorial de Servizos Sociais para estender a asistencia persoal

O CERMI saúda este avance do SAAD e comprométese a incidir a nivel autonómico para despregar esta figura.

 

O CERMI pide que a presidencia española da UE deixe impronta social

O CERMI Galicia da man do seu presidente, Luciano Fernández, acode ao Parlamento Europeo.

 

AS NOSAS ASOCIACIÓNS

A

ADACECO

As persoas usuarias do centro de día de ADACECO visitaron o Aquarium Finisterrae. Unha actividade de lecer destinada á promoción da inclusión social das persoas con dano cerebral.

ADACE Lugo

As persoas usuarias de ADACE Lugo asistiron a un obradoiro de cestería. Tivo lugar no Centro de Artesanía e Deseño (Centrad), onde tamén visitaron a exposición permanente. 

Alento

Alento desenvolve un programa de afectividade e sexualidade. Nace das necesidades detectadas nas persoas con dano cerebral adquirido e a súa contorna neste ámbito. 

DCA Ourense

Laborterapia: creando un xardín sensorial en DCA Ourense. As persoas usuarias da asociación de dano cerebral ourensá están a preparar macetas para decorar o centro. 

Sarela

Sarela pon en marcha o grupo 'Sarela en Primeira Persoa'. O seu obxectivo étomar a palabra e participar de forma directa nos espazos sociais de representación da entidade. 

 

EN AXENDA

Charla sobre o dano cerebral en Allariz

 

FEGADACE organiza unha charla sobre o dano cerebral en Allariz coa colaboración da Asociación de Mulleres Rurais Pegureiras. Vai ter lugar no local social de San Mamede de Urrós o día 27 de xuño ás 16:00. 

SECCIÓN DESTACADA

Traballa connosco

 

FEGADACE e ADACECO, ADACE Lugo, Alento, DCA Ourense e Sarela activamos procesos de selección para a contratación de profesionais. Neste momento FEGADACE busca técnico/a de comunicación. 

Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)

Rúa Galeras, 17, 2º, Despacho 5 - 15705 Santiago de Compostela

881 943 148 • 659 177 709

Darme de baja