Se non podes ver ben este boletín, fai click aquí

 

Actualidade do Dano Cerebral Adquirido en Galicia [nº167] 

 

Luns, 17/07/2023

O CITIC recolle o 11º Premio FEGADACE - Miguel Blanco ante máis de 350 persoas

A Federación Galega de Dano Cerebral entregou o pasado 29 xuño o 11º Premio FEGADACE – Miguel Blanco ao Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) da Universidade da Coruña en recoñecemento ao seu compromiso cos dereitos á inclusión social e ao exercicio dunha vida plena e autónoma do colectivo do DCA a través da aplicación da innovación e a I+D+i no ámbito dos servizos sociais.

 

O acto de entrega realizouse no marco da II Xuntanza do Movemento Asociativo do Dano Cerebral, na que unha ampla representación de persoas usuarias de ADACECO, ADACE Lugo, Alento, DCA -Ourense e Sarela, familiares e profesionais gozaron na Cidade da Cultura de Galicia dunha xornada de ocio compartido.

 

Máis noticias:

Éxito de participación na xornada deportiva de visibilización do DCA en Lalín

A II Carreira e Andaina Solidaria ‘Camiñando Polo Dano Cerebral’ reúne a 220 persoas nun ambiente festivo. 

 

Tragsa apoia a FEGADACE na mellora da calidade de vida de persoas con DCA no rural 

A axuda recibida financia accións formativas e informativas en oito concellos das catro provincias. 

 

A directora xeral de Persoas con Discapacidade visita FEGADACE

Begoña Abeijón interesouse polo funcionamento do movemento asociativo e o labor da Federación.

 

Asistimos en Madrid á Conferencia Sectorial de Mulleres e Nenas con Discapacidade
O lema da xornada, da Fundación CERMI Mujeres, é 'Polo dereito a decidir como queremos vivir'.

 

FEGADACE expresa as súas condolencias polo pasamento de Mª Jesús Gómez
Neuropsicóloga e logopeda en ADACECO, era unha das súas profesionais máis veteranas.

 

AS NOSAS ASOCIACIÓNS

A

ADACECO

ADACECO reúne a un cento de persoas nunha sardiñada en Eirís. Socias, usuarias, familiares e profesionais da asociación celebran unha xornada festiva de convivencia.

ADACE Lugo

O ciclo de actividades da Escola de DCA de ADACE retoma a súa actividade en setembro. O obradoiro "Reelaboración do proxecto vital", impartido pola neuropsicóloga Elisa López, celebrarase o 18 de setembro. 

Alento

Alento publica a memoria de actividades e o informe de contas de 2022. Os documentos, dispoñibles na web da asociación, poñen cifras ao intenso labor desenvolto no último ano.

DCA Ourense

DCA Ourense lembra a necesidade da atención precoz tras un ictus. A asociación, que atende ás persoas dende o primeiro momento, explica os beneficios da rehabilitación temperá e especializada.

Sarela

Sarela anima a colaborar coa Fila 0 das travesías a nado 'Arousaman' e 'Arousawoman'. A recadación destinarase a completar o equipamento da piscina terapéutica do centro da asociación compostelá. 

 

EN AXENDA

'Punto e seguido' chega a Noia

 

A exposición fotográfica 'Punto e seguido. A vida despois do dano cerebral adquirido’ continúa o seu percorrido polo país. O Centro de Saúde de Noia acolle entre o 27 de xullo e o 4 de setembro a colección de imaxes, protagonizadas polas persoas usuarias das cinco asociacións que integran a Federación. Ademais, segue dispoñible a mostra online en PeopleArtFactory.

SECCIÓN DESTACADA

Premio FEGADACE - Miguel Blanco

 

O galardón, entregado anualmente pola Federación, recoñece o traballo e a traxectoria dun axente social implicado na sensibilización sobre o dano cerebral adquirido e na defensa do colectivo. Dende 2016 leva o nome do neurólogo Miguel Blanco. Coñece a súa orixe e a todas as entidades e persoas distinguidas premendo aquí.

Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)

Rúa Galeras, 17, 2º, Despacho 5 - 15705 Santiago de Compostela

881 943 148 • 659 177 709

Darme de baja