Se non podes ver ben este boletín, fai click aquí

 

Actualidade do Dano Cerebral Adquirido en Galicia [nº178] 

 

Mércores, 08/05/2024

Apoia a vida independente das persoas con dano cerebral no rural nos premios Cinfa!

'Apoio á vida independente de persoas con dano cerebral adquirido residentes no rural galego' é o título do proxecto que FEGADACE presentou á 4ª edición dos premios 'La voz del paciente' de Cinfa. Está aberto o prazo de votación online, que se estende ata o 15 de maio, na que todo o mundo pode participar, e para a que a Federación pide o teu apoio!

 

FEGADACE presenta a Rede de Cidadanía Activa de persoas con dano cerebral

O grupo creouse para promover a autodeterminación e favorecer o exercicio de dereitos e a participación social.

 

Construíndo hoxe a Axenda Política da Infancia con Discapacidade ata o ano 2030

3 de maio, Día Nacional da Convención Internacional sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade.

 

Desde o 3 de abril podes marcar 'X Solidaria' na túa declaración da renda

Únete ao #EquipoXSolidaria, decide o destino do 0,7% dos teus impostos e axuda a millóns de persoas.

 

FEGADACE presenta unha 'Guía legal' para persoas con dano cerebral adquirido

A Lei 8/2021 establece un sistema de apoios ás persoas con discapacidade, dándolles plena capacidade xurídica.

 

AS NOSAS ASOCIACIÓNS

 

ADACECO

Durante dez días ADACECO tivo unha estudante en prácticas internacionais no marco da súa colaboración coa UDC. Alejandra Narváez Bedoya estivo na asociación complementando os seus estudos de Mestrado en Discapacidade.

ADACE Lugo

ADACE Lugo organizou unha actividade de Respiro Familiar no Bierzo. Foi unha actividade moi divertida "dende o principio ao fin", con estancia en La Cabaña de los Sueños, en Cubillos del Sil, e múltiples actividades.

Alento

Alento iniciou unha colaboración radiofónica co programa 'Más de uno' de Onda Cero baixo o título de 'Punto e seguido'. De periodicidade quincenal, aborda temas relacionados coa discapacidade e a dependencia.

DCA Ourense

En neuropsicoloxía trabállase con xogos, entre outros materiais e metodoloxías, e un dos que máis gustan en DCA Ourense é Speed Cups.

Sarela

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, visitou a sede de Sarela coa deputada responsable de Política Social, Mar García Vidal, para coñecer o funcionamento e principios de atención ao DCA.

 

AXENDA

Xornada sobre Saúde Oral o 30 de maio

 

FEGADACE organiza o 30 de maio, en colaboración coa Unidade de Odontoloxía para Persoas con Necesidades Especiais da Facultade de Medicina e Odontoloxía da Universidade de Santiago, a xornada 'A saúde oral, garantía do benestar das persoas con dano cerebral adquirido'. Será ás 17:00 no edificio de Odontoloxía.

RECOMENDACIÓN DE LECTURA

Alertas por ictus e mortalidade por accidentes

 

As principais causas do DCA son protagonistas. Por unha banda, a Sociedade Galega de Neuroloxía celebrou a súa reunión anual informando de que as alertas por ictus acadaron as 2.409 en 2023. Pola outra, malos datos sobre accidentes de tráfico: a mortalidade aumentou un 16% no primeiro trimestre deste ano.

Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)

Rúa Galeras, 17, 2º, Despacho 5 - 15705 Santiago de Compostela

881 943 148 • 659 177 709

Darme de baja