Se non podes ver ben este boletín, fai click aquí

 

Actualidade do Dano Cerebral Adquirido en Galicia [nº158] 

 

Mércores, 07/09/2022

A I Carreira e Andaina Solidaria Camiñando Polo Dano Cerebral volve o 18 de setembro

Trala decisión de adiar a I Carreira e Andaina Solidaria Camiñando Polo Dano Cerebral, prevista para o mes de xuño, FEGADACE incluíu na proba categorías escolares e convocou esta actividade o domingo 18 de setembro. Así, a inscrición está aberta en Carreiras Galegas para maiores de 16 anos -categoría absoluta-, sub 16, sub 14, sub 12, sub 10, sub 8 e chupete. Todas as categorías contarán con agasallos e sorpresas. Tamén se poden facer achegas ao Dorsal 0.

 

Máis noticias:

Servizos sociosanitarios de proximidade para a autonomía persoal no dano cerebral
FEGADACE pon en marcha un novo proxecto en zonas rurais co apoio da Fundación La Caixa.

 

Neuroloxía actualiza a guía de coidados ao final da vida tras un ictus
A SEN publicou a guía de recomendacións  'Manual de Coidados Paliativos no Paciente con Ictus'.


Aberto o acceso á xustiza gratuíta a persoas con discapacidade por neglixencias médicas
Unha sentenza do Tribunal Constitucional recoñece este dereito á familia dun adolescente que tivo un ictus.

 

Consulta a Guía de Axudas Sociais e Servizos para as Familias de 2022
O documento do Ministerio de Dereitos Sociais inclúe entre outras prestacións para dependencia.

 

Fai un xesto solidario coas persoas con dano cerebral nas túas compras online
FEGADACE súmase a Wapsi, unha ferramenta que recada fondos para ONGs sen cargo para o/a consumidor/a.

 

AS NOSAS ASOCIACIÓNS

A

ADACECO

A asociación coruñesa organiza o 22 de outubro, en colaboración coa Fundación María José Jove, a cuarta edición da súa Xornada sobre Dano Cerebral Adquirido, co lema 'Adaptándonos a unha Nova Realidade'.

ADACE Lugo

As persoas usuarias de ADACE Lugo presentan o primeiro número de Madialeva, unha revista con entrevistas, noticias, unha playlist, actividades de ximnasia cerebral e moito máis, que será trimestral.

Alento

Alento vén de publicar en Twitter un interesante fío recompilando propósitos para despois do verán co obxectivo de cambiar os nosos hábitos de vida para a prevención do ictus.

Renacer

A asociación de dano cerebral de Ourense retomou a actividade o pasado 22 de agosto, con máis persoas usuarias -acadaron as 50- e moitos proxectos para o curso que comeza nas súas recén estreadas instalacións.

Sarela

Balance positivo da posta en marcha do Punto de Información de Lalín. O acordo de Sarela co concello do Deza inclúe a realización de actividades de sensibilización e información dirixida á poboación e centros educativos.

 

EN AXENDA

'Punto e seguido' online

 

A mostra 'Punto e seguido' vai continuar o seu percorrido no novo curso; en breve anunciarase o programa. Mentres, a colección de fotografías sobre o día o día das persoas con dano cerebral adquirido continúa accesible online en PeopleArt Factory.

SECCIÓN DESTACADA

Modelo e principios de atención

 

O movemento asociativo organiza o seu modelo de atención en base aos criterios clínicos e científicos definidos polas autoridades e institucións de referencia. As súas pezas e documentos principais poden consultarse nesta sección.

Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)

Rúa Galeras, 17, 2º, Despacho 5 - 15705 Santiago de Compostela

881 943 148 • 659 177 709

Darme de baja