Realizar un percorrido “Dende o asistencialismo ao pleno exercicio de dereitos”, coñecendo con detalle a evolución dos modelos de atención e da abordaxe sociosanitaria do dano cerebral adquirido. Este é o principal obxectivo de Dano Cerebral Galicia na Xornada sobre o Dano Cerebral, que terá lugar na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela, este sábado 9 de novembro.
A inscrición continúa aberta ata este xoves ás 23:59 hh. e pode tramitarse aquí.
O percorrido histórico realizarase a través da conferencia marco, impartida por Inmaculada Gómez, directora do CEADAC, e dunha mesa sobre a evolución da atención ao dano cerebral adquirido en Galicia. Máis información aquí. |