Un novo paradigmna con respecto á discapacidade avanza grazas á aprobación da Convención de Dereitos das Nacións Unidas. Esta idea atravesa a filosofía de traballo do tecido asociativo, a nova lexislación, e tamén cada proxecto que formulamos. Promovemos unha sociedade inclusiva na que defendemos a vida autónoma de cada persoa con dano cerebral adquirido, entendendo que as barreiras son unha cuestión social. Así o manifestamos a través da implicación de FEGADACE no Proxecto Rumbo. A directora de FEGADACE, Begoña Hermida, presenta este proxecto na colaboración bimestral coa revista Consumer.
O presidente e a directora de ADACECO reuníronseco Concello da Coruña e coa Deputación provincial para comentar as dificultades atopadas na construción do seu centro de día.
ADACE Lugo
O Breogán dedicou o seu último partido á difusión do labor de ADACE Lugo. Familias e persoas usuarias da asociación acudiron ao encontro para visibilizar o dano cerebral adquirido.
Alento
As persoas usuarias de Alento aproveitaron o sol de xaneiro para saír de paseo en diferentes tipos de bicicletas adaptadas grazas aos materiais e apoio de Discamino.
DCA Ourense
Seis persoas usuarias de DCA Ourense participan nun obradoiro de carpintería. O grupo aposta pola reciclaxe, restaurando e creando produtos mentres desenvolven novas habilidades.
A exposición fotográfica 'Punto e seguido. A vida despois do dano cerebral adquirido' percorre as nosas asociacións describindo unha xornada na vida dunha das persoas usuarias das nosas asociacións. Pódese ver online aquí: PeopleArt Factory.
A sección de Sensibilización recolle todos os proxectos que desenvolvemos para concienciar sobre as causas e prevención, así como sobre a situación das persoas con dano cerebral. A última incorporación é o libro de 'Os Bolechas', que se pode descargar en pdf.
Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)
Rúa Galeras, 17, 2º, Despacho 5 - 15705 Santiago de Compostela