Se non podes ver ben este boletín, fai click aquí

 

Actualidade do Dano Cerebral Adquirido en Galicia [nº158] 

 

Mércores, 19/10/2022

26 de outubro, Día Nacional do Dano Cerebral: ducias de convocatorias e unha Declaración Institucional do Parlamento de Galicia

Este mes adiamos o boletín para poder presentarvos todas as actividades conmemorativas que organizamos ADACECO, ADACE Lugo, Alento, DCA Ourense, Sarela e FEGADACE polo 26 de outubro, e que comezaron hoxe cunha Declaración institucional no Parlamento de Galicia con motivo do Día do Dano Cerebral. Estas son as principais convocatorias da Federación:

 

Do 7 ao 27 de outubro:
Ciclo de obradoiros de seguridade viaria e prevención do dano cerebral adquirido nos Espazos +60 de Afundación

19 de outubro:
10:30. Santiago. Declaración Institucional do Parlamento de Galicia con motivo do Día do Dano Cerebral. Na foto, a delegación de FEGADACE na tribuna de persoas convidadas da cámara.

25 de outubro:
12:30. Vigo. Inauguración da exposición Punto e seguido no hospital Álvaro Cunqueiro. Poderá verse ata o 8 de novembro.
17:30. Milladoiro (Ames). Presentación do libro de Os Bolechas 'Mireia conta que é o dano cerebral adquirido'.

26 de outubro:
11:00. Acto de lectura do manifesto do Día do Dano Cerebral coa Valedora do Pobo.

Comparte a túa foto en redes coa man na cabeza e a etiqueta #DíaDanoCerebral!

 

 

Máis noticias:

Proxecto Rumbo: un novo modelo de vida independente para a discapacidade
Promovido por Cocemfe, Aspace, Predif, Autismo España e FEDACE, no marco da cal participa FEGADACE.

 

A importancia da familia na rehabilitación do dano cerebral adquirido
Profesionais da neuropsicoloxía e do traballo social de ADACE Lugo asinan este artigo para Consumer.


FEGADACE colabora na formulación do novo Plan Estratéxico do Sistema Sanitario
A directora da Federación participa no grupo no que se avalía e debate a 'Experiencia de paciente'.

 

O CERMI celebra a mellora da protección penal das vítimas de accidentes de tráfico
En setembro entrou en vigor unha modificación do Código Penal que permite recurrir por esta vía ademais da civil.

 

Seis galardoadas e máis de 300 persoas correron e camiñaron #PoloDanoCerebral
A práctica totalidade vestiu a camiseta conmemorativa para subliñar a participación solidaria na proba.

 

Fai un xesto solidario coas persoas con dano cerebral nas túas compras online
FEGADACE súmase a Wapsi, unha ferramenta que recada fondos para ONGs sen cargo para o/a consumidor/a.

 

AS NOSAS ASOCIACIÓNS NO DÍA DO DANO CEREBRAL

A

ADACECO

Xornada sobre Dano Cerebral Adquirido, co lema 'Adaptándonos a unha Nova Realidade', o 22 de outubro, lectura do manifesto na Praza de María Pita o día 26 ás 12:00 e unha fermosa colaboración co Deportivo. Máis aquí.

ADACE Lugo

Mesa informativa e lectura do manifesto diante do Concello de Lugo o día 26 de outubro. Semana de encontros virtuais das persoas usuarias do centro con distintos colectivos. Máis aquí.

Alento

Volve Alento na Rúa (no CEIP Castelao de Navia), lectura do manifesto o 26 de outubro, e presenza os días 25 (exposición Punto e seguido) e 29 (mesa informativa) no hospital Álvaro Cunqueiro. Máis aquí.

Renacer

Actividades en torno ao novo centro: xornada de portas abertas para presentalo e carpa informativa (con actividades deportivas, un mural e máis) no parque que está a carón da entidade. Máis aquí.

Sarela

Recepción na Praza do Obradoiro dun grupo de persoas con dano cerebral que están a facer o Camiño de Santiago, con lectura do manifesto, o día 26. Mesas informativas en ata seis localidades da área. Máis aquí.

 

EN AXENDA

'Punto e seguido': Ares, Vigo e online

 

A mostra 'Punto e seguido' atópase no Centro de Saúde de Ares ata o día 24 de outubro. Do 25 do mesmo mes e ata o 8 de novembro poderá verse no hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. Tamén continúa accesible online en PeopleArt Factory.

SECCIÓN DESTACADA

Día do Dano Cerebral

 

Presentamos as nosas principais efemérides de referencia, ademais do 26 de outubro, e dispoñibilizamos o arquivo completo de manifestos reivindicativos para visibilizar a evolución histórica das nosas demandas e necesidades desde 2014.

Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)

Rúa Galeras, 17, 2º, Despacho 5 - 15705 Santiago de Compostela

881 943 148 • 659 177 709

Darme de baja