A Praia do Preguntoiro, en Vilaxoán (Vilagarcía de Arousa) vai ser o escenario da primeira Travesía a Nado Polo Dano Cerebral, que organizan FEGADACE e a Asociación Arousaman o día 16 de xullo. A inscrición está aberta desde hoxe ata o 10 de xullo ás 23:59 e pode tramitarse aquí en dúas modalidades: 900 e 1.800 metros; en ambos casos custa 20 euros e inclúe a entrega de gorro e camiseta.
O boletín de xuño recolle toda a actividade realizada por ADACECO, con interesantísimos vídeos sobre a súa participación en Nado #PoloDanoCerebral, terapia ocupacional, e o que será o seu novo centro.
ADACE Lugo
Visita de persoas usuarias e profesionais de ADACE Lugo ao Arde Lucus. Caracterizáronse como romanas e romanos coas cores da asociación para esta actividade de lecer inclusivo.
Alento
A asociación viguesa presenta a súa memoria de actividades 2021. Un ano de traballo intenso a prol das persoas con dano cerebral que se pode repasar no documento.
Renacer
Renacer participou no 'II Paseo pola Saúde' do Concello de Barbadás. Profesionais, familiares e persoas usuarias informaron sobre o dano cerebral e a asociación ourensá.
Sarela
Grande experiencia na 'I Xuntanza de Rugby Inclusivo en Compostela', organizada pola Asociación Valentes-Club Deportivo Lobos con persoas usuarias de Sarela, Down Compostela, Fundación Abrente e Asociación ASPAS.
A colección de fotografías sobre un día na vida dunha persoa con dano cerebral adquirido pode verse no Centro Social dos Maiores de Silleda ata o 12 de xullo. Ademais, podes acceder online á exposición online coas imaxes do fotógrafo Aigi Boga.
FEGADACE organiza formación para as persoas con dano cerebral, familiares e coidadoras, equipos profesionais, voluntariado... co obxectivo de mellorar as súas capacidades e incrementar a calidade dos coidados que reciben as persoas con dano cerebral.
Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)
Rúa Galeras, 17, 2º, Despacho 5 - 15705 Santiago de Compostela