Se non podes ver ben este boletín, fai click aquí

 

Actualidade do Dano Cerebral Adquirido en Galicia [nº165] 

 

Venres, 05/05/2023

FEGADACE gañadora dos III Premios de Innovación en Saúde da ACIS 

O Proxecto "Saúde Oral, Garantía do Benestar das Persoas con Dano Cerebral Adquirido" é seleccionado como a mellor idea de innovación en saúde na modalidade de pacientes da III Edición dos Premios de Innovación en Saúde da ACIS. O Hospital Universitario da Coruña acolleu o día 18 de abril de 2023 a celebración do acto de entrega destes premios, que estivo presidido polo Conselleiro de Sanidade.

 

Máis noticias:

FEGADACE protagonista da entrevista mensual de Enclave de Salud

A revista Enclave de Salud do COFP dedica a sección "La Voz de Los Pacientes" ao Dano Cerebral Adquirido. 

 

Cursos sobre Atención no Fogar de persoas con Dano Cerebral na provincia da Coruña

En Cee, A Coruña e Ponteceso alumnado de Ciclos de Formación Profesional e técnicas de SAF fórmanse en DCA.

 

Representantes do Ministerio de Dereitos Sociais visitan en Galicia o Proxecto Rumbo
O proxecto desenvolvido conxuntamente por ASPACE, AUTISMO, COGAMI e FEGADACE atende xa a máis de 100 persoas.

 

A Asemblea Xeral Ordinaria de FEGADACE aprobou a Memoria de Actividades e as Contas de 2022
Tamén se revisou e deu luz verde á planificación operativa anual e á planificación orzamentaria de 2023

 

FEGADACE inicia os traballos de elaboración do seu novo Plan de Igualdade
Da man da consultora Recursos Galicia Consultoría & Formación traballa para dotarse do novo Plan de Igualdade en 2023. 

 

FEGADACE organizou unha sesión formativa sobre o novo baremo de discapacidade no dano cerebral.
Foi impartida o 17 de marzo por Javier Zugasti Moriones, director do Centro de Valoración navarro.

 

FEGADACE foi unha das destinatarias da Campaña "Céntimos Solidarios" de Vegalsa-Eroski en 2022

O 10 de marzo asistimos ao acto de peche da campaña na cal se recadaron en beneficio da federación 6.388€

 

O CDR O Viso e FEGADACE traballan no establecemento de sinerxías que unan Biocoidados e Rumbo

As dúas organizacións prestan servizos sociosanitarios de proximidade que se verán fortalecidos coa acción conxunta.

 

AS NOSAS ASOCIACIÓNS

A

ADACECO

Usuarias do centro de día de ADACECO coñecen de primeira man as terapias ecuestres, potenciando beneficios psicomotores, sensoriais, entre outros, da man de Equinosens.

 

Profesionais da Unidade de Pacientes con Necesidades Especiais de Odontoloxía da USC realizan o obradoiro práctico sobre saúde oral para persoas con DCA e as súas familias. 

ADACE Lugo

A Deputación de Lugo cede un horto nas beiras do río Rato para utilización das persoas usuarias de ADACE Lugo. 

 

ADACE  volve facer mergullo adaptado grazas a "Al agua sin limitaciones". 

Alento

Alento celebra a súa Asemblea Xeral Ordinaria na que se aprobaron os balances de 2022 e as planificacións de 2023, e se aproveitou para desfrutar dunha xornada de convivencia con unha actuación de Alberto Cunha. 

 

A Escola Municipal de Música de Vigo da un concerto nas instalacións de ALENTO con unha excelente acollida. 

DCA Ourense

DCA Ourense participa nas XX Xornadas Interxeneracionais organizadas pola Facultade de Educación Social do Campus de Ourense da Universidade de Vigo. 

 

O 8 de Marzo Lorena Quintas impartiu o "Obradoiro Xogo de Fíos" no centro de DCA Ourense no que se traballaron dinámicas para o emprendemento femenino mediante a artesanía. 

Sarela

A lectura como punto de encontro das familias de SARELA. Crea un clube de lectura no que poden participar as familias socias da entidade. 

 

O Servizo de Información, Orientación e Apoio a Familias de SARELA oferta diveras actividades para persoas coidadoras. 

 

EN AXENDA

'Chámalle X' Campaña do X Solidario 

 

A Campaña "Chámalle X" do X Solidario arrancou o 31 de marzo co acto en Compostela e manterase ata o 30 de xuño de 2023. 

 

SECCIÓN DESTACADA

Plan de Igualdade 

 

FEGADACE no seu sólido compromiso coa igualdade entre todas as persoas, inicia proceso de renovación do plan de igualdade da federación. Accede á sección. 

Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)

Rúa Galeras, 17, 2º, Despacho 5 - 15705 Santiago de Compostela

881 943 148 • 659 177 709

Darme de baja