Se non podes ver ben este boletín, fai click aquí

 

Actualidade do Dano Cerebral Adquirido en Galicia [nº149] 

 

Luns, 21/02/2022

FEGADACE e Sanidade reforzan a súa colaboración nunha visita a Alento

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, visitou as instalacións de Alento o 7 de febreiro. O obxectivo desta visita foi coñecer o modelo de atención e abordaxe do dano cerebral que desenvolven as asociacións de FEGADACE, así como reunirse con representantes da asociación viguesa e da Federación para reforzar a colaboración entre a Consellería de Sanidade e o movemento asociativo do dano cerebral.

Visita do conselleiro de Sanidade a Alento
 

Máis noticias:

Dez programas para as persoas e familias con dano cerebral grazas á X Solidaria
ADACECO, Adace Lugo, Alento, Renacer, Sarela e FEGADACE potenciaremos benestar, autonomía...

 

A lei de Tráfico e Seguridade Viaria cambia desde o vindeiro 21 de marzo
Os traumatismos por accidentes na estrada son a segunda causa do dano cerebral adqurido.

 

Fai un xesto solidario coas persoas con dano cerebral nas túas compras online
FEGADACE súmase a Wapsi, unha ferramenta que recada fondos para ONGs sen cargo para o/a consumidor/a.

 

AS NOSAS ASOCIACIÓNS

A

ADACECO

Representantes de ADACECO reuníronse co delegado da Xunta na Coruña. Á xuntanza asistiron o presidente da entidade, Juan Luis Delgado, e a súa directora, Natalia de Llano.

ADACE Lugo

ADACE Lugo lanzou a programación da súa Escola Dano Cerebral para todo 2022. Todas as citas son semipresenciais: na Casa María Mariño e a través de Meet. A próxima cita, hoxe 21!

Alento

Alento colabora co CSIC no proxecto Acuistar, co obxectivo de valorizar a estrela de mar. Están a crear obxectos de artesanía elaborados con este animal, e piden colaboración nunha enquisa.

Renacer

Renacer desenvolve charlas de prevención do dano cerebral no rural ourensán. O educador social da entidade leva realizadas 25 accións informativas en concellos de toda a provincia.

Sarela

Sarela participa no calendario solidario a favor de FEDACE da Fundación Línea Directa. O calendario está a venda a través de Amazon a un prezo de 10 euros.

 

EN AXENDA

'Punto e seguido' en Lalín

 

A colección de fotografías 'Punto e seguido' comezou a súa andaina de 2022 no Auditorio Municipal de Lalín, onde se poderá visitar ata o 28 de febreiro. Ademais, coma sempre, mentanse accesible na rede. Accede á colección de fotografías de Aigi Boga online. 

SECCIÓN DESTACADA

Financiadores

 

O apartado de Transparencia da nosa web pretende dar un paso máis alá da esixencia legal para amosar detalladamente con que tipos de fontes de financiamento contamos e identificar nominalmente a cada unha desas entidades, convocatorias e/ou colaboracións.

Actividade en Renacer

Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)

Rúa Galeras, 17, 2º, Despacho 5 - 15705 Santiago de Compostela

881 943 148 • 659 177 709

Darme de baja