O compromiso de FEGADACE coa igualdade de trato e de oportunidades, así como coa non discriminación por razón de sexo, é unha cuestión transversal para a Federación. Dese xeito está reflectido no II Plan de Igualdade de FEGADACE, vixente desde 2023, no que se define como obxectivo aplicar a perspectiva de xénero en "todas as áreas, políticas e decisións da entidade". Este 8 de marzo lanzámonos a preguntar se a túa empresa ten Plan de Igualdade, que fai a túa contorna pola inclusión das mulleres, e como se pode facilitar a inserción laboral das mulleres con discapacidade.
|