Se non podes ver ben este boletín, fai click aquí

 

Actualidade do Dano Cerebral Adquirido en Galicia [nº153] 

 

Luns, 18/04/2022

X Solidaria: as entidades sociais reunímonos para concienciar da #emerXenciaSolidaria

As entidades sociais reunímonos en Santiago para lembrar a toda a cidadanía, e especialmente ás persoas contribuíntes que van facer a súa declaración da renda, a importancia de marcar 'X Solidaria'. Este ano é máis importante que nunca lograr que máis persoas marquen o cadro de fins sociais, por unha banda, pola merma de ingresos e polo tanto de recadación impostiva e, pola outra, polo incremento da cantidade de persoas en situación de vunlerabilidade que as organizacións sociais teremos que atender a través dos programas financiados grazas ao 0,7% do IRPF.

 

Máis noticias:

A Asemblea Xeral Ordinaria de FEGADACE aprobou a Memoria e as contas de 2021
Tamén se revisou e deu luz verde á planificación técnica e orzamentaria do 2022.

 

FEGADACE iniciou un ciclo de obradoiros de sensibilización en institutos
Estarán centrados na prevención de accidentes de tráfico e na relación entre traumatismos e dano cerebral.


O CERMI Galicia resume as reivindicacións da discapacidade no Parlamento
Luciano Fernández expuxo os asuntos de especial relevancia en educación, sanidade ou emprego.

 

Fai un xesto solidario coas persoas con dano cerebral nas túas compras online
FEGADACE súmase a Wapsi, unha ferramenta que recada fondos para ONGs sen cargo para o/a consumidor/a.

 

AS NOSAS ASOCIACIÓNS

A

ADACECO

ADACECO participa nunha investigación sobre o impacto do ictus no sedentarismo. Trátase dun proxecto multicéntrico en colaboración coa Universidade San Jorge de Zaragoza.

ADACE Lugo

As persoas usuarias de ADACE Lugo xogan ao baloncesto con Xuncas Diversia. Colaboran co club deportivo lucense acudindo a adestrar todos os martes pola mañá.

Alento

A logopeda de Alento respondeu a unha entrevista na Cope Vigo sobre afasia, as súas características e diferentes causas, en relación co interese xerado polo caso do actor Bruce Willis.

Renacer

Renacer colocou un posto informativo no CHUO polo Día Mundial da Saúde. O hospital de Ourense convocou a todas as entidades sociosanitarias da cidade pola efeméride.

Sarela

Sarela participa no programa de formación en TIC Stop Fenda Dixital. A educadora social Noelia Parente e a psicóloga Julia Lodeiro imparten obradoiros semanalmente.

 

EN AXENDA

Exposición e información

 

Desde hoxe ata o día 27 de abril pode verse no Hospital de Verín a exposición 'Punto e seguido', que tamén segue online. Ademais, ás 17:00 imos impartir unha sesión informativa sobre o dano cerebral. Tamén o 20 de abril en Dumbría e o 21 en Baio (Zas).

SECCIÓN DESTACADA

X Solidaria

 

O 6 de abril iniciouse a campaña da renda. Con ela, as entidades sociais tentamos de concienciar ás persoas contribuíntes da necesidade de marcar o cadro de fins sociais ou X Solidaria na declaración. Non pagas máis nin che devolven menos, e axudas a miles de persoas.

Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)

Rúa Galeras, 17, 2º, Despacho 5 - 15705 Santiago de Compostela

881 943 148 • 659 177 709

Darme de baja