Se non podes ver ben este boletín, fai click aquí

 

Actualidade do Dano Cerebral Adquirido en Galicia [nº157] 

 

Mércores, 03/08/2022

A I Carreira e Andaina Solidaria Camiñando Polo Dano Cerebral volve o 18 de setembro

Trala decisión de atrasar a I Carreira e Andaina Solidaria Camiñando Polo Dano Cerebral, prevista para o mes de xuño, FEGADACE decidiu recolocar esta proba deportiva en setembro e incluír máis categorías, especialmente escolares: sub 16, sub 14, sub 12, sub 10, sub 8 e chupete. Así, a Federación Galega de Dano Cerebral chama a participar, o domingo 18 de setembro, a súa I Carreira e Andaina Solidaria Camiñando Polo Dano Cerebral. A cita será a partir das 10:00 na Alameda de Santiago de Compostela. A inscrición está aberta en Carreiras Galegas.

 

Máis noticias:

Crónica visual da Travesía a Nado Polo Dano Cerebral (Vilaxoán, 16 de xullo)
Un dron seguiu ás nadadoras e nadadores para rexistrar as mellores imaxes da proba deportiva.

 

Participamos en 'Rumbo: Cara Un Modelo de Autonomía Persoal Conectada e Inclusiva'
Desenvólveno un consorcio estatal de 5 entidades de discapacidade e finánciase cos fondos Next Generation.


Case 200 asistentes ao ciclo de sesións informativas para mulleres rurais
Este programa de sensibilización sobre o dano cerebral é froito da colaboración de FEGADACE con FADEMUR.

 

Cómpre apoiar á persoa con dano cerebral 'non só a nivel médico senón tamén social'
Declaracións na sinatura do acordo de colaboración que une a FEGADACE co Centro de Saúde da Estrada.

 

Tecnoloxía para unha sociedade inclusiva en alianza coa Universidade da Coruña
Asistimos á creación da Rede Galega de I+D+i de Tecnoloxías de Apoio para unha Sociedade Inclusiva.

 

Dano cerebral adquirido: que xestións facer e como acceder aos recursos
O equipo de traballo social de Sarela recompila trámites e recursos nun novo artigo para Eroski Consumer.

 

A Consellería de Sanidade publica o Plan Obesidade Zero en Galicia
FEGADACE estivo presente con outras asociacións na Mesa de Traballo Comunitaria que o avaliou.

 

Discapnet elabora unha guía de praias e outros servizos turísticos accesibles
O "portal das persoas con discapacidade" da Fundación ONCE conta con apartados sobre lecer inclusivo.

 

Fai un xesto solidario coas persoas con dano cerebral nas túas compras online
FEGADACE súmase a Wapsi, unha ferramenta que recada fondos para ONGs sen cargo para o/a consumidor/a.

 

AS NOSAS ASOCIACIÓNS

A

ADACECO

O boletín mensual de ADACECO informa sobre as actividades nas que participou a asociación, entre elas a Travesía a Nado e a constitución da 'Rede de Tecnoloxías de Apoio para unha Sociedade Inclusiva'.

ADACE Lugo

ADACE Lugo repasa, no fin de curso, as actividades no contorno comunitario. As persoas usuarias da asociación lucense fixeron actividades deportivas e paseos e visitas a exposicións.

Alento

O Concello de Vigo colaborara con Alento para mellorar a calidade de vida das persoas con dano cerebral, cunha subvención que axudará a financiar tres profesionais da entidade.

Asociación de Dano Cerebral de Ourense

A Asociación de Dano Cerebral de Ourense estrea nova sede no seu 20 aniversario. Un cambio motivado pola necesidade ampliar a cobertura na cidade e na provincia.

Sarela

"Aos 24 anos tiven que aprender de novo a comer, a ler, a escribir, a camiñar, a todo". La Voz de Galicia publicou unha reportaxe sobre o caso de Susana Rodríguez, usuaria de Sarela.

 

EN AXENDA

Ofertas de emprego

 

FEGADACE busca dous/dúas logopedas e dous/dúas terapeutas ocupacionais para incorporar ao seu equipo, en concreto ao proxecto 'Rumbo', de promoción da autonomía persoal. Pódense enviar CV a emprego@fegadace.org ata o 22 de agosto.

SECCIÓN DESTACADA

Órganos de goberno

 

No marco da súa política de transparencia, FEGADACE informa dos órganos que rexen o seu funcionamento: a Asemblea Xeral e a Xunta Directiva. Esta última renovouse coa entrada de Mario González na Asemblea Xeral Extraordinaria que tivo lugar o 4 de xullo.

Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)

Rúa Galeras, 17, 2º, Despacho 5 - 15705 Santiago de Compostela

881 943 148 • 659 177 709

Darme de baja