Por que?
As cen asociacións que obteñan máis apoio na votación popular van recibir un premio de 2.500 euros, que FEGADACE quere investir en renovar e estender o proxecto presentado, promovendo os servizos para facilitar a vida independente das persoas con dano cerebral no rural.
Como votar?
Moi sinxelo:
• hai que entrar no proxecto de FEGADACE na web de Cinfa
• premer en 'VOTAR' na parte superior dereita
• introducir un número de teléfono móbil (por duplicado)
• copiar o código de verificación que recibirás por SMS e confirmar o voto
En que consiste o noso proxecto?
O proxecto de FEGADACE é unha iniciativa que contribúe á vida independente das persoas con dano cerebral adquirido no ámbito rural, achegando un modelo de coidados que combina recursos para favorecer a permanencia das persoas na súa contorna habitual. Baséase en tres eixos:
1. Servizos sociosanitarios de proximidade.
Rehabilitación especializada a domicilio, para facilitar a atención das persoas con dano cerebral adquirido residentes en zonas rurais.
2. Formación 'Apoio a persoas con dano cerebral adquirido en centros residenciais non específicos'.
Acción formativa destinada a capacitar aos equipos profesionais que traballan en residencias non especializadas en atención ao dano cerebral adquirido.
3. Servizo de Asesoría Xurídica.
Creado para informar e aconsellar sobre as dúbidas legais que poden xurdir de calquera aspecto relacionado coa irrupción da discapacidade na vida da persoa.
Hai máis información na nosa páxina web: consúltaa!