Se non podes ver ben este boletín, fai click aquí

 

Actualidade do Dano Cerebral Adquirido en Galicia [nº150] 

 

Luns, 07/03/2022

8 de marzo de 2022: Vinte e cinco anos de conquistas e reivindicación

Sumámonos ao manifesto da Fundación CERMI Mujeres polo 8 de marzo, Día Internacional da Muller: "as mulleres e nenas con discapacidade non podemos deixar pasar a oportunidade para denunciar un ano máis a situación de exclusión ás que nos vemos sometidas de maneira sistemática como cidadás. Aínda cando nos últimos anos se produciron importantes avances na conquista formal de dereitos e existe na sociedade en xeral unha maior toma de conciencia sobre a nosa realidade, con todo, queda moito camiño por percorrer aínda."

Accede ao texto completo e ás conclusións do almorzo da Plataforma de Organizacións de Pacientes sobre o impacto negativo da fenda de xénero na abordaxe da cronicidade.

8 de marzo
 

Máis noticias:

Arrinca 'Nado polo dano cerebral', unha iniciativa solidaria e saudable
FEGADACE, Arousaman e o nadador Aitor de Luis únense para promover o deporte acuático no noso colectivo.

 

A conselleira de Política Social e o presidente do Parlamento visitan Renacer
Xuntanza con representantes da asociación de dano cerebral de Ourense e de FEGADACE.


FEGADACE busca asesoría para deseñar e implantar un Plan de Transformación Dixital
A Federación está aberta á recepción de propostas de particulares ou empresas ata o 16 de marzo (incluído).

 

'Vidas aprazadas' denuncia o impacto da pandemia nas persoas pacientes crónicas

Campaña da Plataforma de Organizacións de Pacientes, na que participamos a través da FEDACE.

 

AS NOSAS ASOCIACIÓNS

A

ADACECO

A asociación coruñesa enviou a semana pasada o seu boletín mensual, con dúas importantes colaboracións coa Universidade. Consúltao aquí e subscríbete para recibilo!

ADACE Lugo

O grupo de familias de ADACE Lugo retoma a presencialidade tralo coronavirus organizando un obradoiros para coidadores e coidadoras de persoas usuarias.

Alento

As persoas usuarias de Alento expoñen no centro 200 autorretratos a través dos que tratan de coñecer o seu "eu" posterior ao dano cerebral adquirido.

Renacer

Aproveitando o aniversario de Rosalía de Castro, en Renacer estudaron á escritora e leron a súa obra a través dunha actividade cultural e de redución da fenda dixital.

Sarela

Acordo de Sarela co Concello de Lalín para a coordinación dos seus servizos de orientación laboral co obxectivo de mellorar a atención e derivación das persoas con dano cerebral que buscan emprego.

 

EN AXENDA

Charla sobre o dano cerebral no Porriño

 

A Federación e o concello da vila pontevedresa colaboran na organización dunha actividade informativa sobre o dano cerebral que vai ter lugar o día 25 de marzo ás 18:30 no Centro Cultural do Porriño. Falarase de causas, prevención e modelo de rehabilitación. 

SECCIÓN DESTACADA

Accesibilidade e TIC

 

Esta sección informa sobre os proxectos destinados á redución da fenda dixital ou á mellora da accesibilidade empregando as novas tecnoloxías, nomeadamente no ámbito da comunicación. Pódense ver tamén as noticias relacionadas e outros vídeos e documentos.

Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)

Rúa Galeras, 17, 2º, Despacho 5 - 15705 Santiago de Compostela

881 943 148 • 659 177 709

Darme de baja