Se non podes ver ben este boletín, fai click aquí |
|
|
Actualidade do Dano Cerebral Adquirido en Galicia [nº171] |
|
|
Programa de actividades en conmemoración do Día Nacional do Dano Cerebral Adquirido |
Este mes enviamos un boletín adicional dedicado a difundir o programa de actividades organizado desde a Federación e as cinco asociacións que a conforman co gallo do Día Nacional do Dano Cerebral Adquirido, unha conmemoración decretada en 2007 polo Consello de Ministros co obxectivo de mobilizar á sociedade e de implicala na prevención desta súbita lesión.
Este ano o foco do movemento asociativo apunta á necesidade de visibilizar o invisible, é dicir, de evidenciar que o dano cerebral adquirido pode ter moitas caras e que estas non sempre son facilmente identificables a primeira vista. A incomprensión ou ignorancia sobre estas alteracións, tanto por parte da sociedade como das administración públicas, ten un impacto directo tanto na vida das persoas con DCA, que deben superar cada día barreiras derivadas dunha sociedade que aínda está lonxe de ser inclusiva, como na de quen ignora a existencia desta discapacidade e dos riscos para a súa aparición.
Co fin de aproveitar a repercusión da efeméride, Federación e entidades integrantes organizamos ao longo dos próximos días e semanas diversas actividades que intensifican o habitual labor de divulgación, formación e sensibilización sobre o dano cerebral. Infórmate e súmate a algunha das convocatorias!
|
|
|
Súmate á visibilización do Dano Cerebral Adquirido
|
Un ano máis, animamos á toda a cidadanía a colaborar na visibilización do dano cerebral adquirido en redes sociais. Se queres sumarte, fai a túa foto (ou grava un pequeno vídeo) facendo o xesto que simboliza a discapacidade: pon unha das túas mans na cabeza. Publícaa o día 26 de outubro, etiqueta a FEDACE e comparte co cancelo #DíaDañoCerebral. |
|
|
ACTIVIDADES DAS NOSAS ASOCIACIÓNS POLO DÍA DO DCA
|
|
|
O 22 de outubro a asociación asistiu como convidada a un partido de baloncesto do LEYMA Coruña, no que se visibilizou o dano cerebral adquirido. O 26 de outubro dará lectura ao manifesto nun acto na Praza de María Pita. |
|
|
O 25 de outubro organiza a mesa de debate "O dano cerebral adquirido no ámbito comunitario" no centro socio-cultural O Vello Cárcere e o 26 dará lectura ao manifesto na Praza Maior. Ademais, terá dous puntos informativos.
|
|
|
O día 25 de outubro o centro acolle a gravación dun programa radiofónico en directo e o día 26 celebra unha xornada de portas abertas. Ademais, realizaranse outras actividades de sensibilización co tecido empresarial e a cidadanía.
|
|
|
Na mañá do 26 de outubro celebrarase un torneo de boccia nas instalacións da asociación e ás 12h darase lectura ao manifesto na entrada do centro. O día 29 terá lugar a 1ª Andaina Solidaria polo DCA, na que é preciso inscribirse. |
|
|
Continúa o ciclo de charlas de prevención do ictus
Esta semana celébranse catro sesións informativas do ciclo organizado en colaboración con Afundación nos Espazos +60. Es tarde será en Pontedeume ás 17.30h, mañá día 24 na Coruña, o mércores 25 en Lugo e o xoves 26 en Viveiro. Consulta os horarios, o resto de localidades e inscríbete de balde neste este enlace. |
| Recomendación de lectura
Nos últimos días diversos medios de comunicación compartiron os resultados dun estudo da Universidade de Jordania que, a partir da análise das patoloxías de máis de 18 millóns de persoas, demostra que a polución atmosférica aumenta o risco de sufrir un ictus a curto prazo. Podes ler esta información premendo aquí. |
|
|
Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)
Rúa Galeras, 17, 2º, Despacho 5 - 15705 Santiago de Compostela
881 943 148 • 659 177 709 |
|
|
|