Se non podes ver ben este boletín, fai click aquí

 

Actualidade do Dano Cerebral Adquirido en Galicia [nº179] 

 

Mércores, 05/06/2024

Deporte #PoloDanoCerebral: Carreira e Andaina en Lalín e Travesía a Nado en Vilagarcía

Concienciación sobre o dano cerebral, prevención das súas causas a través de hábitos saudables e sensibilización sobre as nosas iniciativas solidarias van pola man coas actividades deportivas #PoloDanoCerebral. O 30 de xuño vai ter lugar en Lalín a 3ª Carreira e Andaina Solidaria Camiñando Polo Dano Cerebral; conta con diferentes modalidades de inscrición: 10K, 5K, andaina de 7K e carreiras escolares. Inscrición aquí. O sábado 6 de xullo levaremos a 2ª Travesía a Nado Polo Dano Cerebral á praia do Preguntoiro, en Vilaxoán, Vilagarcía de Arousa. É unha proba deportiva non competitiva e aberta a persoas nadadoras con e sen discapacidade que coas modalidades de 900 e 1.800 m. Inscrición aquí.

 

O Sergas publica o Proceso Asistencial Integrado do Dano Cerebral Adquirido

FEGADACE celebra a divulgación do documento e agarda a pronta posta en marcha das medidas que recolle.

 

A importancia de coidarse para poder coidar: nova colaboración con Consumer

Corresponsabilidade e autocoidados son as receitas recollidas no artigo que publicamos na web de Eroski.

 

Renovada a alianza con FADEMUR co fin de realizar actividades para mulleres no rural

O acordo inclúe como novidade un programa formativo sobre autocoidados para coidadoras informais.

 

Aitor de Luis inicia a tempada nadando #PoloDanoCerebral en augas abertas

O deportista repite patrocinio coa Federación levando a bandeira do dano cerebral ao seu calendario de verán.

 

Lembra marcar X Solidaria na túa declaración da renda

Únete ao #EquipoXSolidaria, decide o destino do 0,7% dos teus impostos e axuda a millóns de persoas.

 

FEGADACE e a UPNE organizaron a xornada ‘A saúde oral, garantía das persoas con DCA'

Froito da colaboración entre ambas entidades e da concesión do Premio Innovación en Saúde da ACIS.

 

AS NOSAS ASOCIACIÓNS

 

ADACECO

ADACECO levou a iniciativa 'Ponte no meu lugar' ao CEIP Alborada no mes de abril. Durante esta actividade o estudantado puido poñerse no lugar das persoas con dano cerebral, experimentando uns intres a súa vida cotiá.

ADACE Lugo

Do 3 ao 12 de maio ADACE Lugo celebrou un torneo solidario de pádel grazas á colaboración co club Terra Padel, de Lugo. As persoas usuarias da asociacion elaboraron un pack de benvida con bolsas que pintaron á man.

Alento

A Memoria 2023 de Alento foi aprobada na Asemblea Xeral Ordinaria de socios e socias, celebrada o 4 de maio de 2024. Un percorrido polo traballo de Información e asesoramento, EscuelaDCA, Centro de Día e Centro Residencial.

DCA Ourense

DCA Ourense promoveu a creación duns xogos tradicionais de madeira, coa particularidade de que as propias persoas con dano cerebral da asociación traballaron a madeira para deseñar e crear estes obxectos.

Sarela

Sarela participa no proxecto europeo EUTERPE_adn, que ten como obxectivo principal explorar o impacto terapéutico da música en persoas maiores, con deterioro cognitivo ou con dano cerebral adquirido.

 

AXENDA

Xornada de orientacion laboral 'Trazando Camiños'

 

O vindeiro 20 de xuño, Sarela e FEDACE organizan en Santiago unha xornada sobre inclusión sociolaboral de colectivos con dificultades de inserción: 'Trazando Camiños. Oportunidades e aprendizaxes arredor da orientación laboral especializada en persoas con dano cerebral adquirido'. Inscrición aquí.

DESTACAMOS

Nova web de FEGADACE

 

FEGADACE ten o pracer de anunciar que ten unha nova páxina web, máis amable, útil e accesible. Esta mudanza é, ademais, o primeiro paso no camiño cara a adopción da nova marca de todo o movemento asociativo a nivel estatal. Este fito suporá un cambio de denominación, coa substitución de FEGADACE por Dano Cerebral Galicia.

Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)

Rúa Galeras, 17, 2º, oficina 5 - 15705 Santiago de Compostela

881 943 148 • 659 177 709

Darme de baja