Se non podes ver ben este boletín, fai click aquí

 

Actualidade do Dano Cerebral Adquirido en Galicia [nº174] 

 

Mércores, 10/01/2024

O 89% das residencias con usuarias con DCA están especializadas en persoas maiores

A Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) vén de publicar o ‘Estudo sobre a atención ao dano cerebral adquirido en recursos residenciais non específicos galegos’, unha investigación pioneira que permite contar, por primeira vez en Galicia, cunha diagnose cualitativa e cuantitativa do coidado que reciben as persoas do colectivo neste tipo de centros. Os resultados confirman a insuficiencia de solucións habitacionais específicas para persoas con discapacidade por DCA e permiten contar con información proveitosa para analizar a prevalencia e distribución xeográfica das persoas residentes nestes centros e as características dos servizos de apoio e atención que neles se prestan, entre outros aspectos.

O SERGAS presenta o Proceso Asistencial Integrado para o dano cerebral adquirido

Homoxeneizará a atención e ofrecerá continuidade asistencial desde un enfoque multidisciplinar.

 

FEGADACE estrea o calendario anual de actividades de sensibilización en Tui

O xoves 8 de febreiro, ás 17h, celebrarase unha charla sobre dano cerebral no Edificio Francisco Sánchez.

 

Preto de 300 persoas asisten ás charlas de sensibilización organizadas con Afundación

Realizadas no Espazo+60 de 10 localidades, centráronse na prevención do ictus e outras causas do DCA.

 

AS NOSAS ASOCIACIÓNS

 

ADACECO

ADACECO desenvolve semanalmente un obradoiro de teatro inclusivo. As persoas participantes na actividade, encadrada na oferta de ocio da asociación, exploran as súas capacidades creativas de forma lúdica e colaborativa.

ADACE Lugo

A asociación luguesa publica o cuarto número da revista semestral Madialeva. O novo exemplar da publicación, elaborada por persoas usuarias, ofrece contidos especiais con motivo da celebración das festas de Nadal.

Alento

Alento incorpora unha nova furgoneta ao servizo de transporte adaptado para as persoas atendidas pola asociación en Vigo e comarca. A adquisición enmárcase nunha convocatoria de subvencións da Consellaría de Política Social. 

DCA Ourense

DCA-Ourense organizou un concurso de postais de Nadal entre as persoas usuarias. A actividade formulouse como unha oportunidade para fomentar habilidades sociais, manuais e cognitivas nas accións de lecer da asociación.

Sarela

As persoas usuarias da asociación compostelá publican unha nova entrada no Blogsarela. Esta bitácora online xurdiu en 2021 para dotar dunha ferramenta ás persoas con DCA para compartir reflexións, experiencias e reivindicacións.

 

TRANSPARENCIA

Sinatura de convenio coa USC

 

FEGADACE e a Universidade de Santiago de Compostela asinaron un convenio de colaboración para fomentar o intercambio de experiencias nos campos da docencia, a investigación e a divulgación sobre o DCA e a nutrición entre a comunidade universitaria, en xeral, e o Grao de Nutrición e Dietética Humana do Campus de Lugo, en particular. Consulta o documento aquí.

SECCIÓN DESTACADA

Recomendación de lectura

 

O xornal dixital GCiencia, especializado en información científica e tecnolóxica, dá conta dos resultados dunha  investigación do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago (IDIS) e o CIQUS que conseguiu reducir os efectos secundarios da única terapia farmacolóxica existente para a fase aguda do ictus. Consulta a nova completa premendo aquí. (Foto de GCiencia).

Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)

Rúa Galeras, 17, 2º, Despacho 5 - 15705 Santiago de Compostela

881 943 148 • 659 177 709

Darme de baja