FEGADACE e a Universidade de Santiago de Compostela (USC), en colaboración coa Deputación de Lugo, organizamos o 20 e 21 de setembro as xornadas "Aproximación Social e Nutricional ao Dano Cerebral Adquirido', que se celebrarán na Facultade de Ciencias da cidade amurallada desde unha perspectiva que combina a abordaxe teórica e práctica.
As accións programadas, gratuítas previa inscrición, son abertas a público xeral e están especialmente destinadas a ofrecer información de utilidade para que as persoas con DCA, ás súa familias ou quen participa no seu coidado, poidan afrontar as dificultades na alimentación, deglutición e nutrición derivadas das secuelas da discapacidade. |