Se non podes ver ben este boletín, fai click aquí

 

Actualidade do Dano Cerebral Adquirido en Galicia [nº177] 

 

Mércores, 03/04/2024

FEGADACE presenta unha 'Guía legal' para persoas con dano cerebral adquirido

A Lei 8/2021, de 2 de xuño, pola que se reforma a lexislación civil e procesual para o apoio ás persoas con discapacidade no exercicio da súa capacidade xurídica, supuxo un cambio de paradigma que tamén implica un inxente volume de cambios que as familias e persoas con dano cerebral adquirido teñen o reto de coñecer e incorporar. Para garantir que se manteñan informadas e orientadas para o exercicio dos seus dereitos, elaborouse a Guía legal para persoas con dano cerebral adquirido. Aproximación á Lei 8/2021 e a outras normativas de interese para o colectivo, elaborada polo avogado e responsable do servizo de asesoramento legal da Federación, Miguel Vieito. FEGADACE está a realizar un ciclo de presentacións nas asociacións federadas, online -en colaboración co COTS- e nos concellos de Sober e Burela.

 

Consecuencias na alimentación, deglutición e nutrución tralo dano cerebral adquirido

Noelia Rivadas, logopeda de FEGADACE, asina unha nova colaboración informativa con Eroski Consumer.

 

A Asemblea Xeral Ordinaria de FEGADACE aproba a memoria e contas anuais de 2023

O máximo órgano da Federación Galega de Dano Cerebral reuniuse na sede de ADACE Lugo o 23 de marzo.

 

Ciclo formativo 'Apoio a persoas con dano cerebral en residencias non especializadas'

FEGADACE organiza catro obradoiros de 9 horas para o persoal de centros situados en Vigo, Láncara e Esgos.

 

FEGADACE formou a 50 persoas en 'Alimentación, deglutición e nutrición'

Organizados tres cursos presenciais de catro horas e media en Ponteceso, Boqueixón e Xinzo de Limia.

 

Nova edición da formación online 'Sexualidade e dano cerebral adquirido'

Está a desenvolverse desde o 25 de marzo na Escola Dano Cerebral, e ten unha duración de 50 horas.

 

ONCE lanza unha campaña a prol do voto accesible nas eleccións ao europeas

Un sinxelo código QR nas papeletas con máis información facilitaría o exercicio deste dereito.

 

AS NOSAS ASOCIACIÓNS

 

ADACECO

Un novo número do boletín online mensual de ADACECO está na rúa. Inclúe información sobre o día a día da entidade, terapias, e destaques especiais sobre a Asemblea Xeral e sobre o inicio da campaña da X Solidaria.

ADACE Lugo

As persoas usuarias de ADACE Lugo practicaron mergullo adaptado nunha sesión programada e impartida o pasado 9 de marzo pola asociación 'Al agua sin limitaciones'.

Alento

Alento organiza a acción formativa para profesionais 'O cambio é necesario'. Enmarcada dentro da EscuelaDCA da asociación viguesa, dirixiuse aos equipos de centro de día e residencia.

DCA Ourense

DCA Ourense coñeceu, na Facultade de Educación e Traballo Social, os produtos de apoio AdaptaMaker, creados con impresións 3D polo alumnado con discapacidade do Colexio de Educación Especial de Nosa Señora de Lourdes.

Sarela

O Blog de Sarela, creado polas súas persoas usuarias, informa sobre o Coro que fundaron no Servizo de Atención Diúrna Terapéutica, no que traballan "a voz, o oído e tamén o respecto e as habilidades sociais".

 

AXENDA

V Congreso da FEDACE: Madrid, 12 e 13 de abril

 

FEDACE organiza o 12 e 13 de abril o seu V Congreso, co lema 'Reconstruír a vida, restaurar a independencia'. O encontro quere ser un lugar de posta en común dos novos modelos de coidados, con tendencia á desinstitucionalización, nos que o movemento asociativo está avanzando, probando e reflexionando.

SECCIÓN DESTACADA

X Solidaria

 

Hoxe, 3 de abril, arrinca a campaña do IRPF, e desde FEGADACE facemos unha chamada á sociedade para que, na súa Declaración da Renda, marque o cadro do X Solidario, de Actividades de Interese Social. Ao marcalo, nin pagas máis nin che devolven menos; simplemente decides que se fai co 0,7% dos teus impostos.

Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)

Rúa Galeras, 17, 2º, Despacho 5 - 15705 Santiago de Compostela

881 943 148 • 659 177 709

Darme de baja