A Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) lanza unha campaña de sensibilización sobre ocio inclusivo para persoas con dano cerebral adquirido. A iniciativa, presentada na 16ª edición da Feira das Culturas Galegas Culturgal e enmarcada dentro do ‘Proxecto Rumbo', procura concienciar ao sector da cultura e o entretemento sobre as barreiras físicas, comunicativas, cognitivas, sensoriais e socioeconómicas que enfrontan as persoas con dano cerebral adquirido cando queren ser parte dunha actividade lúdica no seu tempo libre.
|