Se non podes ver ben este boletín, fai click aquí

 

Actualidade do Dano Cerebral Adquirido en Galicia [nº172] 

 

Luns, 06/11/2023

O Parlamento de Galicia acolle o acto de lectura do manifesto polo Día do DCA

Na véspera do Día Nacional do Dano Cerebral Adquirido, o Parlamento de Galicia acolleu un acto de lectura do manifesto elaborado polo movemento asociativo estatal para visibilizar as súas demandas co gallo da efeméride, decretada en 2007 polo Consello de Ministros co obxectivo de mobilizar á sociedade e de implicala na prevención. Persoas usuarias de ADACECO, Alento e Sarela puxeron voz ás reividindicacións, centradas este ano en sensibilizar arredor das secuelas invisibles da discapacidade.

Manifesto do movemento asociativo polo Día Nacional do Dano Cerebral Adquirido 2023

Este ano o colectivo centra as súas reivindicacións nas secuelas invisibles da discapacidade.

 

Aberta a matrícula para a nova edición do curso 'Apoio no fogar para persoas con DCA'

A formación realizarase de forma presencial na Casa do Concello de Boqueixón o 13 e o 16 de novembro.

 

FEGADACE abre o proceso de selección para tres postos a través da contración temporal

Búscase técnica/o de apoio á xestión da calidade, educador/a social e terapeuta ocupacional.

 

A Consellería de Sanidade presenta a actualización do Plan de Asistencia ao Ictus

Desde a súa posta en marcha en 2016, activáronse 15.332 códigos ictus en Galicia.

 

Abertas as inscricións para unha nova edición do curso 'Sexualidade e DCA'

A formación, organizada por FEGADACE, é gratuíta e realizarase en formato online do 6 ao 30 de novembro.

 

FEGADACE e ADACECO imparten unha actividade formativa no IX Outono Saudable

Na sesión compartíronse prácticas innovadoras na atención sociosanitaria de proximidade.

 

FEGADACE participa na presentación do informe 'Estado da Pobreza en Galicia' 2023

O documento, elaborado por EAPN-Galicia, difúndese no Día Internacional pola Erradicación da Pobreza.

 

FEGADACE lanza unha campaña de sensibilización coa colaboración de Renfe

A acción informativa sobre o DCA será visible en trens e estacións da operadora ferroviaria en Galicia.

 

O Terceiro Sector lanza un manifesto para celebrar o seu Día Nacional

A plataforma que agrupa a máis de 28 mil entidades reclama máis dereitos e diálogo civil.

 

AS NOSAS ASOCIACIÓNS

 

ADACECO

ADACECO publica o seu boletín dixital mensual coa recompilación das novidades do último mes. As actividades deportivas, lúdicas e reivindicativas en conmemoración do Día Nacional do DCA centran os contidos de outubro.

ADACE Lugo

Éxito de público na mesa redonda 'O dano cerebral adquirido no ámbito comunitario', celebrada no Vello Cárcere con participación de diferentes persoas ligadas ao eido deportivo. A charla foi moderada pola educadora social de Adace.

Alento

Usuarias de Alento participan no proxecto Erasmus+ 'Teatradas - El teatro nos da alas para volar'. A  iniciativa conecta a persoas con discapacidade de diferentes puntos de Europa a través da actuación, a expresión artística e a música.

DCA Ourense

O Club Ourense Baloncesto visitou DCA Ourense para coñecer a asociación e achegarse á práctica da boccia. Ademais, usuarias participaron nunha exhibición desta modaldiade paralímpica antes dun partido do equipo local.

Sarela

Sarela celebrou o Día Nacional do Dano Cerebral Adquirido coa lectura do manifesto asociativo no Concello de Santiago e unha mesa informativa no Hospital Clínico. A chuvia obrigou a suspender a tradicional andaina.

 

EN AXENDA

Últimas citas do ciclo de charlas sobre o ictus

 

Betanzos, Santiago e Lugo son as localidades que acollerán as tres últimas charlas do ciclo de sesións informativas sobre prevención do ictus e doutras causas do DCA que organizamos en colaboración con Afundación. A asistencia é de balde sendo precisa a inscrición previa e diríxese a persoas maiores de 50 anos, un dos colectivos en risco de sufrir un accidente cerebrovascular. Consulta as datas e horarios de cada charla pulsando aquí.

SECCIÓN DESTACADA

Recomendación de lectura

 

Segundo un recente estudo publicado pola Comisión de Neuroloxía da Organización Mundial do Ictus (WSO) e The Lancet Neurology Commissions, en 2050 o número de falecementos por ictus no mundo aumentará nun 50%, alcanzando os 9,7 millóns de mortes anuais, de non tomarse medidas urxentes. Consulta na nosa web as recomendacións do informe para frear esta cifra mediante accións nas áreas de vixilancia, prevención, coidados intensivos e rehabilitación.

Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)

Rúa Galeras, 17, 2º, Despacho 5 - 15705 Santiago de Compostela

881 943 148 • 659 177 709

Darme de baja