A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés incorpora desde febreiro dous novos puntos informativos sobre o dano cerebral adquirido, nos que profesionais de FEGADACE e de Alento achegan información especializada sobre a nosa discapacidade. Están especialmente dirixidos a familias de persoas hospitalizadas nos centros que acollen este servizo: o Hospital Provincial de Pontevedra e o Hospital do Salnés.
Vota polas terapias intensivas en neurorrehabilitación de ADACECO! A asociación coruñesa participa na iniciativa solidaria de Cinfa, optando a unha das axudas ata o 15 de marzo.
ADACE Lugo
ADACE Lugo organizou unha festa de disfraces o luns de entroido. Unha actividade de lecer que forma parte do traballo a prol da inclusión das persoas con dano cerebral.
Alento
Alento asistiu á primeira xornada da Liga Galega de Roller Derby. Ademais de ver o xogo e animar ás Sereas Bravas, ofreceron información e produtos elaborados nos obradoiros de cerámica e ecohorta da asociación.
DCA Ourense
Fotos para facer xurdir recordos: obradoiro de estimulación cognitiva de DCA Ourense. Trátase de sesións grupais a través das que se reforzan ou manteñen capacidades nun ambiente distendido.
Sarela
Sarela abre unha recadación de fondos en Bizum para axudar a unha familia inmigrante en situación de exclusión social. A familia está formada por tres mulleres, unha delas con dano cerebral e outra menor de dez anos.
A exposición fotográfica 'Punto e seguido. A vida despois do dano cerebral adquirido' está no Edificio de Ferro da Facultade de Educación e Traballo Social de Ourense ata o 13 de marzo. Tamén se pode ver online aquí: PeopleArt Factory.
Servizo destinado a informar e aconsellar ás persoas con dano cerebral e ás súas familias nas dúbidas de carácter legal que poidan ter en relación a calquera tema derivado da situación relacionada coa irrupción da discapacidade en toda a súa complexidade.
Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)
Rúa Galeras, 17, 2º, Despacho 5 - 15705 Santiago de Compostela