Comezamos unha pequena serie de publicacións de balance do 'Proxecto Rumbo: cara un modelo de autonomía persoal conectada e inclusiva’, poñendo cifras ao traballo realizado por FEGADACE no segundo ano de andaina da iniciativa, desenvolta a nivel estatal por 22 entidades de cinco confederacións do terceiro sector da discapacidade. Entre setembro de 2022 e xuño de 2023 as actividades organizadas e os servizos prestados pola Federaciónbeneficiaron de forma directa a 233 persoas e a máis de 2.000 de forma indirecta. Entre as que se viron favorecidas en primeira persoa, 59 teñen DCA eas outras 174 son profesionais sociosanitarias e persoas coidadoras informais que asistiron ás diferentes accións formativas desenvoltas.
A colección de fotografías, realizadas polo compostelán Aigi Boga, poderá visitarse até o 29 de setembro.
AS NOSAS ASOCIACIÓNS
A
ADACECO
ADACECO colabora no proxecto de investigación Party&Sed-Stroke. A iniciativa da Universidade San Jorge avalía o impacto do ictus na participación comunitaria e o grao de sedentarismo de persoas do colectivo en España.
A asociación ourensá comparte información sobre a hiperextensión de xeonllo, unha alteración na marcha frecuente tras unha afectación neurolóxica. Os exercicios dirixidos polo equipo de fisioterapia son chave para a rehabilitación.
Sarela
Sarela continúa un curso máis co proxecto "Dano Cerebral no colexio", coordinado por FEDACE. O pasado ano, a iniciativa permitiu traballar especificamente con 16 centros educativos e diversos integrantes da comunidade escolar.
EN AXENDA
Comeza en Ourense o ciclo de charlas sobre o ictus
O luns 9 de outubro, ás 17:30h, celébrase no Espazo+60 de Ourense a primeira das 10 sesións informativas sobre prevención do ictus e doutras causas do DCA que organizamos en colaboración con Afundación. A actividade é de balde previa inscrición e diríxese a persoas maiores de 50 anos, un dos colectivos en risco de sufrir un accidente cerebrovascular. Consulta a información das localidades que visitaremos e as datas e horarios de cada charla pulsando aquí.
SECCIÓN DESTACADA
Contido recomendado: IX Edición Espacio Ictus
A 'IX Edición de Espacio Ictus' da Fundación Freno al ictus abordou a importancia do tempo e a saúde cerebral. Entre os temas tratados na xornada, na que participaron a Sociedad Española de Neurología e o Grupo Español de Neurorradiología Intervencionista, entre outros axentes, destaca a importancia de crear 'espazos cerebroprotexidos', o protocolo de emerxencias 'código ictus' ou novas técnicas e tratamentos. Accede ao vídeo das diferentes ponencias premendo aquí.
Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)
Rúa Galeras, 17, 2º, Despacho 5 - 15705 Santiago de Compostela