A pandemia axilizou o proceso de dixitalización no que estaba inmerso o movemento asociativo do dano cerebral. Especialmente durante o confinamento, Federación e asociacións trasladaron ao eido online todo o volume de traballo que lles foi posible. Pasado o tempo, e avanzado en programas de redución da fenda dixital, chegou o momento de avaliar e diagnosticar a situación. FEGADACE traballa nun Plan de Transformación Dixital que inclúe formación, como a que se vai desenvolver na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela o vindeiro 23 de abril.
|