Un Proceso Asistencial Integrado (PAI) é unha ferramenta elaborada para acadar a equidade nas prestacións e para coordinar a continuidade asistencial organizando os servizos e intervencións médicas en torno ao ou á paciente, para mellorar a súa eficacia e, como fin último, a calidade da atención recibida e, polo tanto, a saúde das persoas. En 2022 a Consellería de Sanidade elaborou, coa colaboración dun grupo de traballo do que tamén formaron parte profesionais de FEGADACE, o PAI do Dano Cerebral Adquirido. A Xornada sobre o Dano Cerebral avanzou os contidos deste documento (na imaxe, parte dos membros do grupo de traballo durante a Xornada).
|