Se non podes ver ben este boletín, preme aquí

 

Actualidade do Dano Cerebral Adquirido en Galicia [nº180] 

 

Xoves, 04/07/2024

Dano Cerebral Galicia reclama a posta en marcha do PAI e outras oito medidas

Nove demandas e un novo nome. Foron moitas as novidades que presentamos o pasado 21 de xuño nun acto que tivo lugar na sede da Valedora do Pobo. Alí anunciamos que deixamos de chamarnos Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE); e que agora somos Dano Cerebral Galicia. Tamén aproveitamos para presentar as nosas propostas para a lexislatura 2024-2028, encabezadas pola posta en marcha do Proceso Asistencial Integrado do Dano Cerebral Adquirido. Hai máis información aquí.

 

Centos de corredoras enchen as rúas de Lalín a prol da prevención do dano cerebral adquirido

Máis de 220 persoas participaron na 3ª Carreira e Andaina Solidaria ‘Camiñando polo Dano Cerebral’.

 

O proxecto de Dano Cerebral Galicia, finalista nos Premios de Innovación en Saúde da ACIS

A Federación presentou, na modalidade de pacientes, o proxecto 'Servizos sociosanitarios de proximidade'.

 

Dano Cerebral Galicia e o Concello de Lalín organizaron o ciclo 'Actívate polo dano cerebral'

A iniciativa, enmarcada no convenio de colaboración existente, celebrouse do 25 de xuño ao 3 de xullo.

 

O CERMI traslada a Rueda as reivindicacións das entidades do terceiro sector da discapacidade

A aplicacióin de políticas transversais e unha financiación estable e plurianual, entre as propostas.

 

Ana Cabellos é reelixida como presidenta da Xunta Directiva de Daño Cerebral Estatal

A Federación Española renovou o seu órgano de goberno, no que Galicia ocupa unha vogalía.

 

Aitor de Luis inicia a tempada nadando #PoloDanoCerebral en augas abertas

O deportista repite patrocinio levando a bandeira do dano cerebral ao seu calendario de verán.

 

AS NOSAS ASOCIACIÓNS

 

ADACECO

ADACECO participa coa Fundación ENKI, IKEA e o alumnado do Grao de Terapia Ocupacional da Universidade da Coruña nun proxecto para promover a independencia e comodidade das persoas con discapacidade.

ADACE Lugo

En xuño ADACE Lugo iniciou o parón nas actividades de Fenda Dixital e Obradoiro de Memoria, que se retoman en setembro. Celebrárono cunha excursión, e tamén cun picnic para todas as persoas usuarias e familias.

Alento

Alento amplía as súas prazas de atención residencial terapéutica para persoas con dano cerebral adquirido en Vigo. Coas oito novas prazas conseguen leva a atención a 29 persoas.

DCA Ourense

As actividades instrumentais da vida diaria son as que necesitamos desenvolver para sermos persoas autónomas. En DCA Ourense traballan a realización de compras, o manexo do diñeiro e o uso do teléfono mediante esta actividade.

Sarela

Sarela presenta o resumo e conclusións da Xornada sobre Inclusión Sociolaboral 'Trazando Camiños', na que reuniron profesionais da orientación sociolaboral, representantes de empresas e institucións, e persoas con DCA.

 

AXENDA

Este sábado, 2ª Travesía a Nado Polo Dano Cerebral en Vilaxoán

 

O 27 de xuño organizamos no Concello de Vilagarcía a presentacion oficial da 2ª Travesía a Nado Polo Dano Cerebral, que terá lugar o sábado 6 de xullo na Praia do Preguntoiro, en Vilaxoán. Unha actividade deportiva inclusiva con máis de 100 participantes, 15 con DCA.

DESTACAMOS

Presentamos a nova imaxe de marca 'Dano Cerebral Galicia'

 

Tralo primeiro lanzamento, realizado por Dano Cerebral Estatal -antes FEDACE-, a federación galega sumouse a un cambio de marca que nos une coas demais entidades, que axuda a identificarnos coa nosa discapacidade e tamén a recoñecernos publicamente.

Dano Cerebral Galicia

Rúa Galeras, 17, 2º, oficina 5 - 15705 Santiago de Compostela

881 943 148 • 659 177 709

Darme de baja