Se non podes ver ben este boletín, fai click aquí

 

Actualidade do Dano Cerebral Adquirido en Galicia [nº161] 

 

Mércores, 07/12/2022

O Proceso Asistencial Integrado do Dano Cerebral protagoniza a nosa Xornada anual

'A atención integral sociosanitaria como garantía de calidade de vida no dano cerebral adquirido' é o título da Xornada sobre o Dano Cerebral Adquirido 2022, un encontro que estará centrado na presentación do Proceso Asistencial Integrado do Dano Cerebral Adquirido en Galicia, e no marco do que se fará entrega do 10º Premio FEGADACE - Miguel Blanco a Discamino. Vai ter lugar en Santiago de Compostela o sábado 17 de decembro, de 9:30 a 14:30. A inscrición, para asistir presencialmente ou por streaming, formalízase aquí.

 

Máis noticias:

3 de decembro: a accesibilidade universal 'non é un privilexio, é un dereito'
Alegato contra as barreiras que dificultan a inclusión no vídeo do CERMI Galicia polo Día da Discapacidade.

 

Organizamos un novo curso online sobre 'Sexualidad y daño cerebral adquirido'
A actividade formativa, na que participan 40 persoas, está a desenvolverse ata o 31 de decembro.

 

25 de novembro de 2022: Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller
Manifesto do movemento CERMI: ‘Non estás soa. Non máis violencia contra as mulleres con discapacidade!’.


Aitor de Luis completou o Reto Altabal nadando #PoloDanoCerebral
Percorreu 42 quilómetros entre Alicante e a illa de Tabarca para concienciar sobre a nosa discapacidade.

 

O CERMI avoga por promover políticas públicas de discapacidade boas e sólidas
O I Congreso sobre Políticas Públicas de discapacidade finaliza emitindo a 'Declaración de Alicante'.

 

Fai un xesto solidario coas persoas con dano cerebral nas túas compras online
FEGADACE súmase a Wapsi, unha ferramenta que recada fondos para ONGs sen cargo para o/a consumidor/a.

 

AS NOSAS ASOCIACIÓNS

A

ADACECO

Formación no boletín de novembro de ADACECO: Curso de Dor e Sistema Nervioso Periférico no Paciente Neurolóxico, impartido por profesionais da entidade, e prácticas de Terapia Ocupacional.

ADACE Lugo

ADACE Lugo participa a vindeira semana na Feira Solidaria Diversiarte. O encontro vai ter lugar do 14 ao 16 de decembro na Praza da Horta do Seminario, en Lugo.

Alento

Alento participou na iniciativa 'Baixo o mesmo paraugas' para conmemorar o Día Internacional das Persoas con Discapacidade. O acto tivo lugar na Praza da Estrela de Vigo.

DCA Ourense

Rehabilitación e fins lúdicos na actividade de 'Terapia acuática' de DCA Ourense. Nas sesións trabállanse actividades da vida diaria, mobilidade, relaxación, marcha ou coordinación.

Sarela

No Día Internacional do Voluntariado (5 de decembro) as persoas usuarias de Sarela quixeron agradecerlle o seu compromiso ás persoas voluntarias da entidade facéndolles un pequeno agasallo.

 

EN AXENDA

'Punto e seguido' en Valdoviño

 

FEGADACE e o Concello de Valdoviño colaboran levando á Sala de Exposicións da Casa da Cultura da localidade a exposición 'Punto e seguido'. Poderá verse ata o 15 de decembro. Ademais, a exposición continúa accesible online aquí: PeopleArt Factory.

SECCIÓN DESTACADA

Divulgación de coñecemento

 

FEGADACE realiza un esforzo constante por acumular e difundir coñecemento sobre o dano cerebral adquirido nas dúas diferentes vertentes. Así, organizamos xornadas divulgativas e elaboramos produtos informativos como vídeos ou folletos.

Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)

Rúa Galeras, 17, 2º, Despacho 5 - 15705 Santiago de Compostela

881 943 148 • 659 177 709

Darme de baja