Se non podes ver ben este boletín, fai click aquí

 

Actualidade do Dano Cerebral Adquirido en Galicia [nº154] 

 

Mércores, 04/05/2022

 

O boletín de Actualidade do Dano Cerebral Adquirido en Galicia pasa a ser mensual. Desde agora, agárdao cada primeiro mércores de mes no teu buzón de correo!

 

FEGADACE e as súas asociacións multiplican por 5,5 o valor de cada euro investido

FEGADACE multiplica ata 5,5 veces o valor de cada euro que mobiliza a través dos servizos e actividades que desenvolven tanto a Federación como as súas cinco entidades membro; o valor social integrado é de 16.601.163,40 €. Esta é a principal conclusión da contabilidade social de 2020, para a que empregamos a metodoloxía da ‘Monetización do valor social’, que dá unha especial relevancia á información obtida dos grupos de interese e persoas coas que interactuamos.

 

Máis noticias:

A 'Carreira Camiño das Letras' vai destinar 1 euro de cada inscrición a FEGADACE
A inscrición está aberta e ofrece dous percorridos: do Pico Sacro á Cidade da Cultura, ou polo Gaiás.

 

Convenio con nadadores de augas abertas para o proxecto 'Nado Polo Dano Cerebral'
Asinan a Asociación 'Arousaman Manolo O Nacho', Aitor de Luis González e Guillermo Díez Lorenzo.


Galicia é a autonomía con maior taxa de discapacidade: 116,5 de cada mil habitantes
O INE publicou os resultados da EDAD 2020, que sinalan que hai 4,38 millóns de persoas con discapacidade.

 

Movemento CERMI: 'Nenas e nenos con discapacidade, inclusión desde o principio'
Manifesto polo Día da Convención Internacional sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade.

 

AS NOSAS ASOCIACIÓNS

A

ADACECO

O boletín mensual de ADACECO informa sobre todos os proxectos nos que está a participar a asociación coruñesa (investigacións, Nado Polo Dano Cerebral, e moito máis!). Subscríbete!

ADACE Lugo

A neuropsicóloga de ADACE Lugo imparte un grupo de memoria online e outro presencial. Están dirixidos a persoas con dano cerebral adquirido leve, que traballan a atención, razoamento, cálculo....

Alento

Alento celebrou o Día do Libro recibindo a visita do grupo de Voluntariado Cultural do Concello de Vigo. Os membros do grupo realizaron diferentes lecturas para as persoas con dano cerebral da asociación.

Renacer

A asociación Renacer asina un acordo de colaboración coa Unión Deportiva Ourense. Este domingo as persoas usuarias da entidade van facer unha demostración de boccia no descanso do partido..

Sarela

Sarela reactiva os grupos de apoio a familias que axudan a afrontar a situación derivada do dano cerebral e a mellorar os seus coñecementos.

 

EN AXENDA

Información e 'Punto e seguido'

 

A exposición 'Punto e seguido. A vida despois do dano cerebral adquirido' continúa visitando hospitais no mes de maio. Ata o día 16 estará no Provincial de Pontevedra, e desde esa xornada ata o 30, no do Salnés. Ademais, continúa accesible online. Consulta tamén a programación de sesións formativas na Axenda da nosa web.

SECCIÓN DESTACADA

COVID-19

 

O novo protocolo covid para aplicar en residencias e centros sociosanitarios, que mantén a obriga de usar máscara para as persoas usuarias dos centros de día e ocupacionais, é a última actualización desta sección de recursos de apoio para a crise sanitaria e social causada polo coronavirus.

Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)

Rúa Galeras, 17, 2º, Despacho 5 - 15705 Santiago de Compostela

881 943 148 • 659 177 709

Darme de baja