A Federación Galega de Dano Cerebral continúa este ano coa liña de promoción duns hábitos de vida saudable a través da organización de actividades deportivas. A próxima cita vai ser o domingo, 19 de xuño, en Santiago de Compostela, coa Carreira e Andaina Solidaria 'Camiñando polo dano cerebral'. A cita deportiva vai percorrer sendeiros e rúas da Alameda e do Campus Sur. A inscrición está aberta en www.carreirasgalegas.org coas modalidades Carreira [4,6 km | 12 euros | Inicio ás 10:00] e Andaina [4,6 km | 6 euros | Inicio ás 11:00].
|