Unha das principais liñas de actuación de FEGADACE é a información e sensibilización, cos obxectivos de dar a coñecer a realidade das persoas con dano cerebral, pero tamén de axudar a previr esta discapacidade. Por iso, no marco do programa 'Dano cerebral adquirido: Promove, Entende, Actúa', organizamos charlas a nivel municipal nas que a nosa traballadora social fala das causas, prevención, atención e rehabilitación do dano cerebral.
As vindeiras citas serán en Ferrol, O Porriño, Caranza (Ferrol), Ponteareas, Cuntis e Verín.
|