Se non podes ver ben este boletín, preme aquí
|
|
|
Día do Dano Cerebral 2024 | Boletín extra! |
|
|
Actividades deportivas, informativas, de concienciación ou reivindicativas, como a Xuntanza da Rede de Cidadanía Activa coa Valedora do Pobo, ocupan todo un mes de programación para conmemorar o Día Nacional do Dano Cerebral (26 de outubro) e o Día do Ictus (29 de outubro), estendéndose ata novembro.
A continuación podes consultar toda a axenda de Dano Cerebral Galicia, ADACECO, ADACE Lugo, Alento, DCA Ourense e Dano Cerebral Santiago de Compostela.
Ademais, desde xa, animamos a todo o mundo a sacar unha foto facendo o aceno do Día do Dano Cerebral, colocando a man na cabeza, e a colgala en redes etiquetándonos e introducindo o hashtag #DíaDanoCerebral. |
|
|
Luns 7 a domingo 3 de novembro
Campaña de sensibilización con Renfe. Martes 8 a xoves 31
Ciclo Cinefórum Espazos +60 Afundación.
Luns 4 de novembro Reunión da Rede de Cidadanía Activa coa Valedora do Pobo para a presentación de demandas e comparecencia final para medios de comunicación (11:30, sede da Valedora do Pobo). Sábado 9 de novembro
Xornada sobre o Dano Cerebral: Dende o asistencialismo ao pleno exercicio de dereitos (Cidade da Cultura, Santiago de Compostela, 09:00 a 17:15). |
|
|
Sábado 26 -
Carreira e Andaina Solidaria de María Pita á Torre de Hércules con sorteo final de tres camisetas asinadas: polos xogadores do Deportivo, polos do Leyma Basket Coruña e polas do Hockey Club Coruña.
- Lectura do manifesto ás 12:00 na Praza de María Pita.
-
Alumeado de edificios públicos nos concellos da Coruña, Culleredo, Cambre e Oleiros.
- Saque de honra do presidente e dunha usuaria de ADACECO no partido do Hockey Club Coruña feminino (Pavillón de Riazor, 17:00).
- Homenaxe a ADACECO no descanso do partido do Leyma Basket Coruña.
|
|
|
Mércores 23 -
Acto de presentación da marca. 18:00 no Salón de Actos da Deputación Provincial de Lugo.
Sábado 26 - Lectura do manifesto ás 12:00.
|
|
|
Xoves 24 - Programa de Onda Cero en directo desde Alento.
Venres 25 - Xornada de portas abertas e lectura do manifesto.
-
Participación na sesión clínica de presentación do Proceso Asistencial Integrado do Dano Cerebral no hospital Álvaro Cunqueiro.
|
|
|
Todo outubro -
Exposición ‘Máis aló dos informes’, na sede de DCA Ourense, sobre as historias de vida das persoas usuarias.
Luns 14 -
Dúas charlas de prevención do dano cerebral adquirido en Pereiro de Aguiar.
Venres 18 -
Dúas charlas de prevención do dano cerebral adquirido en San Cibrao das Viñas.
Luns 21 -
Dúas charlas de prevención do dano cerebral adquirido en Barbadás.
Mércores 23 -
Xornada interxeracional de creación mural e xogos tradicionais realizados polas persoas usuarias da entidade co alumnado do CEIP Couto.
Venres 25 -
Xornada interxeracional de creación mural e xogos tradicionais realizados polas persoas usuarias da entidade co alumnado do CEIP Couto.
Sábado 26 -
Lectura do manifesto ás 12:00 na sede de DCA Ourense.
Luns 28 - Dúas charlas de prevención do dano cerebral adquirido en Barbadás.
|
|
|
Dano Cerebral Santiago de Compostela |
|
|
Martes 22 -
Sesión informativa sobre o dano cerebral adquirido en Noia, dirixida á poboación xeral. Organizada pola USM de Noia. Realizarase no Espazo Xove de Noia (Rúa de Pedra Sartaña). 16:30.
Xoves 24 -
Sesión informativa sobre o dano cerebral adquirido na Estrada, dirixida á poboación xeral. Realizarase no MOME, Museo do Moble e da Madeira (Avda. Benito Vigo, 92). 18:30.
Sábado 26 -
10:00. Andaina desde a Alameda (punto de encontro na escultura de Maruxa e Coralia).
- 11:00. Antes de chegar á Praza do Obradoiro, a marcha fará unha parada no Pazo de Fonseca para ter un tempo de encontro dos/as participantes arredor dun café.
-
12:30. Lectura do manifesto do movemento asociativo na Praza do Obradoiro, diante da Casa do Concello, coa presenza da alcaldesa.
Martes 29 -
Mesas informativas no CHUS, no Hospital da Barbanza e nos Centros de Saúde de A Estrada, Arzúa, Lalín, Mazaricos e Rianxo. Participarán profesionais de Sarela e persoas usuarias e familias, en horario de 10:00 a 13:00 (agás no CHUS, de 10:30 a 13:00).
|
|
|
Luns 21 - Acto ‘Aquello que somos’.
Venres 25 -
Acto e lectura do manifesto en Servimedia.
|
|
|
Dano Cerebral Galicia
Rúa Galeras, 17, 2º, oficina 5 - 15705 Santiago de Compostela 881 943 148 • 659 177 709 |
|
|
|